Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 02 de decembro de 1996 Páx. 10.896

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a contratación do servicio de limpeza do Centro de Servicios Sociais de Viveiro.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la seguinte contratación:

Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Número do expediente: 9.1997.

Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de limpeza do Centro de Servicios Sociais de Viveiro.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: Centro de Servicios Sociais de Viveiro.

d) Prazo de execución ou data límite de entrega (meses): 12 meses, do 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1997.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

Orzamento base de licitación.

Importe total: dous millóns sesenta e sete mil oitocentas doce pesetas (2.067.812 ptas.).

Garantías.

Provisional: corenta e unha mil trescentas cincuenta e seis pesetas (41.356 ptas.).

Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Enderezo: rúa Montevideo, 9.

c) Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Teléfono: (982) 29 41 01.

e) Telefax: (982) 29 40 88.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día do remate do prazo de presentación de ofertas.

Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: trece (13) días naturais contados a partir da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que se presentará: a que se indica na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o rexistro xeral da entidade que se indica a continuación, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, deberá aterse ó previsto na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

1ª Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo.

2ª Enderezo: rúa Montevideo, 9.

3ª Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres (3) meses.

e) Admisión de variantes (concurso): apartado a) do prego de prescricións técnicas.

Apertura das ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Enderezo: rúa Montevideo, 9.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o sexto día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

e) Hora: a partir das 11 horas.

Outras informacións.

Nos anversos dos sobres consignarase o seu respectivo contido e o nome do licitador.

Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Lugo, 22 de novembro de 1996.

Luis Abades Álvarez

Delegado provincial de Lugo

8479