Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 02 de decembro de 1996 Páx. 10.878

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

EDICTO (150/1996).

En virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de pobreza 150/1996, notifícaselles ós demandados a sentencia dictada neles que ten o encabezamento e parte dispositiva seguintes:

Vistos por Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, xuíz de primeira instancia desta cidade e o seu partido, os autos de xuízo de pobreza 150/1996, promovidos por Victoria Eugenia Díaz Pérez, como demantante, contra Raúl Graña Reino e letrado da Xunta, como demandado.

Resolvo que lle debo recoñecer e recoñezo o dereito a litigar gratuitamente a Victoria Eugenia Díaz Pérez, con dereito ós beneficios que a lei outorga, no xuízo de divorcio 149/1996 e tódalas súas incidencias, sen prexuízo do disposto no Art. 48 da LEC. Contra esta sentencia poderá interpoñerse recurso de apelación no termo de tres días a partir da súa notificación. Así por esta sentencia pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación ó demandado Raúl Graña Reino, declarado en rebeldía, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG, que asino en Ribeira o sete de outubro de mil novecentos noventa e seis.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

7607