Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 02 de decembro de 1996 Páx. 10.878

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

EDICTO (163/1996).

En virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de pobreza 163/1996, notifícaselles ós demandados a sentencia dictada neles que ten o encabezamento e parte dispositiva seguintes:

Vistos por Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, xuíz de primeira instancia desta cidade e o seu partido, os autos de xuízo de pobreza 163/1996, promovidos por Mª Belén Pérez Muñiz, como demantante, contra Francisco Vidal Pérez e letrado da Xunta, como demandado.

Resolvo que lle debo recoñecer e recoñezo o dereito a litigar gratuitamente a Mª Belén Pérez Muñiz, con dereito ós beneficios que a lei outorga, no xuízo de divorcio 135/1996 e tódalas súas incidencias, sen prexuízo do disposto no Art. 48 da LAC. Contra esta sentencia poderá interpoñerse recurso de apelación no termo de tres días a partir

da súa notificación. Así, por esta sentencia pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación ó demandado Francisco Vidal Pérez, declarado en rebeldía, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG, que asino en Ribeira o sete de outubro de mil novecentos noventa e seis.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

8365