Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 02 de decembro de 1996 Páx. 10.878

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (17/1984-01).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido fago saber que neste xulgado se seguen autos de proceso de maior contía 17/1984, por instancia de Jesús Manuel Murillo Regueiro, representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra Manuel Lado Grille e outro, nos que por resolución do día da data se acordou sacar á venda en pública poxa, por primeira vez e por termo de vinte días, e polo tipo de valoración que se dirá, os seguintes bens:

1. Prado Cortes, de 9 a e 60 ca. É a parcela 2355 do Plano Xeral da Concentración Parcelaria de Cícere-Grixoa-Mallón e estrema: norte, Francisco Ribeiro Landeira (2356) e Ricardo Pazos Otero e outra (2357); sur, Josefa Otero Otero e outro (2353); leste, camiño, regato en medio; e oeste, Ricardo Pazos Oreiro e outra (2357). Inscrita no tomo 629, libro 110 de Santa Comba, folio 221, predio 10869.

Valórase en 288.000 ptas.

2. Labrantío Baldueiro de 77 a e 49 ca. É a parcela 2382 do Plano Xeral da Concentración Parcelaria de Cícere-Grixoa-Mallón e estrema: norte, Josefa Souto (2383) e José Ramos Lois (2385); sur, José Gómez Otero e outros (2379), María Josefa Tomé Santos (2387) e outros propietarios (2381 e 2386); e oeste, Josefa Souto (2383) e camiño. Inscrita no tomo 630, libro 11 de Santa Comba, folio 25, predio 10868.

Valórase en 3.874.500 ptas.

3. Prado Lavadoiros, de 14 a e 20 ca. É a parcela 2550 do Plano Xeral da Concentración Parcelaria de Cícere-Grixoa-Mallón e estrema: norte, camiño; sur, Palmira Tomé Santos (2549); leste, Manuela Vilas (2551); e oeste, Palmira Tomé Santos (2549). Inscrita no tomo 631, libro 112 de Santa Comba; folio 119, predio 11012.

Valórase en 426.000 ptas.

Ascende o valor dos predios obxecto de poxa á cantidade de 4.588.500 ptas. (catro millóns cincocentas oitenta mil cincocentas pesetas).

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito no polígono das Fontiñas, na rúa Viena s/n desta cidade; o día 4 de febreiro de 1997 ás 9.45 horas, baixo as seguintes condicións:

Primeira: nos remates non se admitirán poxas que non cubran as dúas terceiras partes da valoración.

Segunda: Para tomaren parte na poxa os licitadores deberán consignar previamente, no establecemento destinado para o efecto, unha cantidade igual, polo menos ó 20 por 100 efectivo do valor dos bens que sirva de tipo para a poxa; sen este requisito no serán admitidos.

Terceira: Só o executante poderá facer oferta en calidade de lle cede-lo remate a un terceiro.

Cuarta: En tódalas poxas desde o anuncio ata a súa celebración poderán facerse ofertas por escrito en prego cerrado, depositando na mesa do xulgado xunto a aquel, o importe da consignación.

Quinta: por instancia do acredor sácanse os bens a pública poxa sen suplir previamente a falta de títulos.

Sexta: as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

En prevención de que non houbese ofertantes na primeira poxa, sinálase para a segunda, con rebaixa do 25 por 100 do tipo da primeira, o día 3 de marzo de 1997 ás 9.45 horas, debendo consignar previamente o 20 por 100 do tipo desta segunda poxa; sinálase para a terceira o día 1 de abril de 1997 ás 9.45 horas, sen suxeición a tipo, debendo consignarase previamente o 20 por 100 do tipo da segunda poxa.

Santiago de Compostela, oito de novembro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

8589