Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 02 de decembro de 1996 Páx. 10.879

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (113/1996-01).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que, nos autos de procedemento xudicial sumario do artigo 131 da L.H. seguidos neste xulgado co número 113/1996, promovidos polo procurador García Piccoli Atanes, en nome e repre

sentación de Banco Central Hispanoamericano, S.A., acordouse sacar a pública poxa por tres veces e por termo de vinte días cada unha delas o seguinte predio:

Urbano. Número trinta e seis. Local destinado a vivenda sinalado coa letra A da planta segunda alta dunha casa sen número, hoxe catorce, da rúa Ramón Cabanillas desta cidade. Extensión: cento trece metros cadrados útiles, aproximadamente. Linda: norte, de Anferdú, S.L. e patio de luces; sur, vivenda letra B, relanzo e caixa de escaleiras e caixa de ascensor; leite, rúa Ramón Cabanillas; e oeste, patio de luces, vivenda letra D e caixas de escaleiras e ascensor. Cotas de participación: en elementos comúns, tres enteiros, mil trescentos vinteoito dez milésimas por cento; en ascensor, catro enteiros, setecentas sesenta e seis dez milésimas; en portería e luz de escaleiras, tres enteiros e oito mil catrocentas oitenta e nove milésimas por cento; en calefacción e auga quente: catro enteiros e tres mil seiscentas setenta e tres dez milésimas por cento. Asígnaselle como anexo o rocho sinalado co número nove, de oito metros e sesenta e nove decímetros cadrados, sito na planta do faiado, onde

se atopa instalada a sala de máquinas do ascensor.

Inscrita ó folio 218 do libro 508 do municipio de Santiago de Compostela, tomo 865, inscrición segunda, predio 36.601.

A poxa terá lugar o día 27 de febreiro de 1997, ás 9.45 horas na sala de audiencia deste xulgado ó prezo taxado na escritura de constitución de hipoteca, que é de 26.757.000 millóns de pesetas, non concorrendo ofertantes, sinálase para a segunda o día 2 de abril de 1997 ás 9.45 horas, co tipo de taxación do setenta e cinco por cento do tipo da primeira; non habendo ofertantes na segunda sinálase para a terceira o día 30 de abril de 1997 ás 9.45 horas, sen suxeición a tipo.

Fáiselles saber ós posibles licitadores que as condicións da poxa son as que a continuación se expresan:

1. Non se admitirá oferta inferior á cantidade de 26.757.000 millóns de pesetas que é o tipo pactado na mencionada escritura, en canto á segunda poxa, o setenta e cinco por cento desta suma, se é o caso, en canto á terceira poxa, admitiranse sen suxeición a tipo.

2. Que tódolos ofertantes, con excepción do acredor ou demandante, deberán consignar no establecemento destinado para o efecto unha cantidade igual polo menos ó 20% do tipo.

3. Tódalas ofertas poderán facerse en calidade de cede-lo remate a un terceiro e realizarse por escrito en prego pechado, desde a publicación do presente edicto ata a celebración da poxa de que se trate, depositando xunto a aquel o resgardo acreditativo de ter efectuado a consignación a que se refire a anterior condición.

4. Que os autos e certificación do rexistro a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria están de manifesto na secretaría e que se entenderá que todo licitador acepta como bastante a titulación e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do actor continuarán subsistentes entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas responsabilidades deles, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

5. Prevense que na acta de poxa farase constar que o rematante acepta as obrigas antes expresadas e se non as acepta, non lle será admitida a proposición; tampouco se admitirá oferta por escrito que non conteña a aceptación expresa destas obrigas.

6. Sen prexuízo de que se leva a cabo no predio hipotecado conforme oa artigos 262 ó 279 da L.E.C. de non ser achado nela, este edicto servirá igualmente para notificación ó debedor do triple sinalamento do lugar, día e hora paa o remate.

Santiago de Compostela, catorce de novembro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

8349