Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 02 de decembro de 1996 Páx. 10.880

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (517/1996).

En virtude do acordado por Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dous de Santiago de Compostela e o seu partido, en resolución desta data, dictada en autos de proceso de familia sobre divorcio seguidos neste xulgado co número 517/1996 a instancia de Juan Jesús Miramontes García, representado polo procurador García Brea; por medio da presente cédula emprázase a esposa demandada, Milady Altagracia Antigua, maior de idade, na actualidade en paradoiro descoñecido, para que no improrrogable termo de vinte días compareza en autos, se constitúa en forma e conteste a demanda, formulando, se é o caso, reconvención, baixo apercibimento de ser declarada en rebeldía e non facerlle outras notificacións que as sinaladas na lei. Fáiselle saber que as copias da demanda e dos documentos atópanse á súa disposición na secretaría deste xulgado.

E para que lle sirva de emprazamento en forma ó referido demandado, expido e asino a presente en Santiago de Compostela, a 7 de novembro do 1996.

Gonzalo J. Cabaleiro de Saa

Secretario xudicial

7616