Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 02 de decembro de 1996 Páx. 10.880

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (239/1996).

En virtude do acordado no xuízo de menor contía 239/1996 seguido por instancia do procurador Varela Tobío en nome e representación de Manuel Rey Seoane contra Osvaldo Fernández Feáns, Osvaldo Fernández e Rosario Feáns e persoas descoñecidas e incertas que puidesen posuír ou derivar dereitos na casa nº 23 da r/ Salvadas desta cidade de Santiago de Compostela referentes ás ventás situadas no vento oeste da dita edificación ou inmoble; por medio da presente cédula emprázase a estas últimas co fin de que no prazo de dez días se constitúan en autos por medio de procurador e avogado baixo apercibimento de rebeldía, facéndolles saber que se o verifican, concederáselles dez días máis para contesta-la demanda.

E para que así conste e lles sirva de emprazamento ás persoas descoñecidas e incertas, expido esta cédula en Santiago de Compostela o 9 de outubro de 1996.

Rubricado

7608