Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 02 de decembro de 1996 Páx. 10.880

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (53/1996).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos de que se fará mérito se dictou a sentencia que ten o encabezamento e parte dispositiva seguintes:

Sentencia. En Santiago de Compostela o dez de xullo de mil novecentos noventa e seis.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do xulgado de instrucción núm. 4 dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas núm. 53/1996, seguidos por insultos; sendo denunciante Elvira Caamaño Andrade, maior de idade, e aparecendo como parte denunciada Germán Castro Cajade e Ubaldina Muñiz Andrés, maiores de idade, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Resolvo que debo absolver e absolvo libremente a Germán Castro Cajade e a Ubaldina Muñiz Andrés da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil, declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se poderá interpoñer no prazo de cinco días desde a súa notificación, perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que así conste e lle sirva de notificación en legal forma a Elvira Caamaño Andrade, o cal se atopa en ignorado paradoiro, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o nove de outubro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

7657