Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 02 de decembro de 1996 Páx. 10.877

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (189/1995).

Eu, Cristina Navares Villar, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira e do seu partido, fago saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo de cognición, baixo o nº 189/1996, por instancia de Josefa Noya Luirido contra José Pérez Bello, Jesusa Turnes Rodríguez, María del Carmen Cebey García, Evangelina García Varela e Generosa Rodríguez Canedo.

Tamén fago saber que por esta resolución do día da data se acordou emprazar, como polo presente se empraza, a Generosa Rodríguez Canedo, que se atopa en ausente e ignorado paradoiro, co fin de que no prazo improrrogable de nove días compaeza en autos en forma, baixo apercibimento de que, de non verificalo, será declarada en rebeldía, continuará o xuízo o seu curso e recaerá sobre ela os demais prexuízos a que houber lugar en dereito.

Dado en Negreira, dez de outubro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

7606