Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 02 de decembro de 1996 Páx. 10.877

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO-SECCIÓN SEGUNDA)

CÉDULA de notificación (5627/1996).

En cumprimento do ordenado en providencia desta sala, requírese por nove días a José Pego Romero, con último enderezo coñecido na r/ Carme de Abaixo, 7-1º de Santiago de Compostela, co fin de que designe representación procesual e por todo iso para que produza efectos no recurso contencioso-administrativo nº 5627/1996, interposto por José Pego Romero contra resolución da Dirección Xeral de Tráfico, desestimatoria do recurso ordinario contra outra da Xefatura de Tráfico da Coruña, expediente 15-010113150-9, con apercibimento de que, se non o verifica no referido termo, se procederá ó arquivo do dito recurso.

Na Coruña, nove de outubro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

7572