Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 02 de decembro de 1996 Páx. 10.849

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 7 de novembro de 1996 pola que se concede autorización definitiva, para a súa apertura e funcionamento, no nivel de educación infantil-2º ciclo ó centro privado Landro-Viveiro de Viveiro (Lugo), do que se relacionan os demais datos no anexo.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Landro-Viveiro de Viveiro (Lugo) en solicitude de autorización definitiva, para a súa apertura e funcionamento, no nivel de educación infantil-2º ciclo no dito centro.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo que o envía cos informes emitidos pola Inspección de Educación e pola Unidade Técnica.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias (BOE do 26), o Decreto 133/1995, do 10 de maio, sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias (DOG do 22), e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do

15 de decembro), que desenvolve o devandito decreto, e demais disposicións complementarias.

Considerando que o centro reúne os requisitos necesarios de acordo coas disposicións vixentes na materia.

Esta consellería,

DISPÓN:

Concédelle autorización definitiva, para a súa apertura e funcionamento, para unha unidade de educación infantil-2º ciclo ó centro privado Landro-Viveiro de Viveiro (Lugo), facendo constar que a titulación do profesorado deberá axustarse ó disposto no Real decreto 1004/1991.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia de Lugo.

Concello: Viveiro.

Localidade: Viveiro.

Enderezo: Nicolás Cora, 60.

Denominación: Landro-Viveiro.

Titular: Sociedad Cooperativa Limitada Colegio Landro.

Nivel: educación infantil-2º ciclo.

Unidades que se autorizan: 1

8638