Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 02 de decembro de 1996 Páx. 10.848

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de outubro de 1996 pola que se autoriza o cambio de titularidade do centro privado Colegio Internacional Sek-Atlántico de Poio (Pontevedra).

Examinado o expediente incoado por Antonio Palacios Mata, director do centro privado Colegio Internacional Sek-Atlántico de Poio (Pontevedra), en solicitude de cambio de titularidade do devandito centro.

Resultando que mediante escritura pública notarial de cesión de titularidade, outorgada ante o notario do Ilustre Colexio de Madrid Federico Paredero del Bosque Martín, a entidade mercantil Profesores reunidos, S.A. cede a súa titularidade, para tódolos efectos, a favor de Sek-Atlántico, S.L.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación

Universitaria de Pontevedra, que se uniron a este os documentos esixidos e que a petición recibiu informe da Inspección de Educación.

Resultando que o referido centro docente ten a correspondente autorización para impartir ensinanzas.

Vistos o Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro (BOE do 27), o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), e demais disposicións complementarias.

Considerando que se cumpriron neste expediente tódolos requisitos esixidos pola normativa vixente nesta materia.

Esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de titularidade do centro privado Colegio Internacional Sek-Atlántico de Poio (Pontevedra) a favor de Sek-Atlántico, S.L., con tódolos dereitos e obrigas contraídos pola cesionista Profesores Reunidos, S.A., sen prexuízo das responsabilidades que puidesen recaer sobre a anterior titular do centro por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza.

O cambio de titularidade non afectará ó réxime de funcionamento do centro.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

8639