Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 02 de decembro de 1996 Páx. 10.845

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 30 de novembro de 1996 pola que se dictan normas para garanti-los servicios esenciais durante a folga xeral convocada para o día 3 de decembro de 1996, no Concello das Pontes de García Rodríguez, na provincia da Coruña.

O exercicio do dereito de folga queda condicionado ó mantemento dos servicios esenciais definidos no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG nº 116 do 20 de xuño).

O artigo 3 do mencionado decreto faculta os conselleiros competentes por razón dos servicios esenciais afectados para que, mediante orde, e ante cada situación de folga, determinen o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento de tales servicios e o persoal preciso para prestalos.

As unións comarcais de Ferrol das centrais sindicais Unión Xeral de Traballadores (UGT), Comisións Obreiras (CC.OO.) e Confederación Intersindical Galega (CIG) en escrito de data 21 de novembro de 1996, comunican a convocatoria de folga xeral durante toda a xornada, o día 3 de decembro de 1996, desde as 6 horas de dito día ata as 6 horas do día 4 de decembro seguinte, e que afectará a tódalas actividades laborais e funcionariais desempeñadas polos traballadores e empregados públicos das empresas e organismos establecidos no ámbito do Concello das Pontes de García Rodríguez, na provincia da Coruña.

Ante o carácter de folga xeral, semella o máis axeitado regula-los servicios mínimos mediante unha única norma de aplicabilidade a tódolos centros, dependencias e servicios en xeral sobre os que pode ter incidencia esta convocatoria.

A necesaria conciliación entre o exercicio do dereito constitucional de folga e o mantemento dos servicios esenciais obriga a Administración autonómica, de acordo coa normativa vixente, a fixar uns servicios mínimos necesarios para o funcionamento dos servicios esenciais que se concretan e xustifican na presente orde.

Así pois, establécense servicios mínimos respecto a sectores e actividades dos que a súa regulación é competencia dalgunha das consellerías da Xunta de Galicia e que poden afecta-lo desenvolvemento ordinario da actividade cidadá.

No referente ós servicios dependentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e co fin de garanti-lo dereito constitucional de protección da saúde e dos intereses dos cidadáns que lle corresponde tutelar á consellería, fíxanse os servicios mínimos imprescindibles para mante-la adecuada cobertura dos servicios das institucións sanitarias e centros de servicios sociais, en evitación de que se lles produzan graves prexuízos ós usuarios.

Os mínimos que se establecen responden á necesidade de compatibiliza-lo respecto ó exercicio do dereito á folga coa atención ós usuarios que, baixo ningún concepto, poidan quedar desasistidos na prestación deste tipo de servicios.

Na área das competencias propias da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes establécense servicios mínimos para garanti-los servicios esenciais definidos no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, e que neste caso se concretan nos de rexistro e recepción de documentos na Axencia de Extensión Agraria das Pontes de García Rodríguez.

O dereito á educación é un dereito de carácter social e por tanto reclama, dos poderes públicos, as accións positivas necesarias para que poida ser levado a cabo en igualdade de tódolos que se encontran en calquera dos niveis formativos en calquera tipo de centro.

Por outra parte, a especial problemática de Galicia, coa maior porcentaxe de alumnos transportados e que fan uso dos comedores escolares ou o gran número de internados da nosa Comunidade Autónoma, fai que non poden quedar paralizados estes servicios no seu funcionamento como consecuencia do dereito constitucional de folga.

Na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, xúlgase necesario fixar servicios mínimos que cubran a área do transporte, e nese sentido o Decreto 61/1985, do 18 de abril, dispón que deberán manterse os servicios de transporte de estudiantes e escolares nas expedicións normalmente establecidas e os dos obreiros que sexan estrictamente precisas

para transportar ós traballadores imprescindibles para servicios de seguridade, gardería e mantemento.

No tocante ós servicios de transporte de carácter concesional en sentido estricto (servicios regulares de uso xeral), establécense soamente os servicios mínimos necesarios nas expedicións que teñan a súa orixe ou destino na localidade afectada pola convocatoria da folga.

Polo que atinxe ó sinalamento de servicios mínimos na Empresa Nacional de Electricidade, S.A. (Endesa), competencia da Consellería de Industria e Comercio, recóllense tres supostos posibles, dos que se aplicará o que corresponda, en función da tonelaxe de mineral existente no parque C.T. segundo estimación que se vai efectua-lo día 2 de decembro ás 12 horas.

En consecuencia e de acordo co establecido no parágrafo 5º.2 do Regulamento de réxime interior da Xunta de Galicia aprobado polo Decreto 111/1984, do 25 de maio, por proposta das consellerías de Sanidade e Servicios Sociais, Agricultura, Gandería e Montes, Industria e Comercio, Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Educación e Ordenación Universitaria, e oído o Comité de Folga,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Con carácter xeral, o mínimo de actividade e o persoal preciso para asegura-lo mantemento dos servicios esenciais durante a folga xeral convocada no Concello das Pontes de García Rodríguez entre as 6 horas do día 3 de decembro de 1996 e as 6 horas do día 4 seguinte, é o seguinte:

1.1. Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

1.1.A. Centro de Servicios Sociais das Pontes de García Rodríguez.

O director do centro.

1.2. Servicio Galego de Saúde.

1.2.A. Centro de Saúde e de Urxencias das Pontes de García Rodríguez.

* Persoal facultativo:

I. Cobertura do 100% da actividade urxente.

II. Un facultativo de medicina xeral e un pediatra por centro de traballo.

* Persoal sanitario non facultativo:

I. Cobertura do 100% da actividade urxente.

II. Un efectivo de cada categoría por centro de traballo.

* Persoal non sanitario:

I. Cita previa: un número de efectivos que garantan a atención ó paciente que o requira, cun mínimo de 1 por centro de traballo.

II. Atención ó doente: un número de efectivos que garanta a atención ó paciente que o requira, cun mínimo de 1 por centro de traballo.

Consonte estas premisas, no referente ó persoal dependente do Servicio Galego de Saúde, será determinado polo director xerente da área sanitaria da Coruña-Ferrol, en relación ó persoal dela dependente, o número concreto de servicios mínimos do persoal afectado pola folga, por grupos profesionais e áreas de traballo.

1.3. Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

1.3.A. Axencia de Extensión Agraria das Pontes de García Rodríguez.

1 funcionario.

1.4. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Nos centros escolares dependentes da consellería:

-O director ou un membro do equipo da dirección e 1 subalterno en cada centro escolar.

-O 30% do persoal de comedores e do persoal docente encargado destes, nos centros de educación primaria/EXB con servicio de comedor.

-O 25% do persoal de comedores, limpeza e subalternos nas escolas fogar.

-O 25% do persoal docente encargado de comedores das escolas fogar, garantindo un mínimo de dúas persoas.

-O 30% de persoal de comedores, limpeza e subalternos nos centros residenciais docentes.

-O 25% do persoal de limpeza, nos centros de ensino secundario.

A totalidade de persoal de comedores, ATS, limpeza, coidadores e persoal médico dos centros de educación especial.

1.5. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

1.5.A. Servicios escolares de estudiantes.

Deben manterse tódolos servicios escolares de estudiantes 100% nas expedicións normalmente establecidas.

1.5.B. Servicio de transporte de traballadores.

En canto ó transporte de traballadores, deberán manterse as expedicións anteriores ás 9 horas e as posteriores ás 18 horas.

1. 6. Consellería de Industria e Comercio.

1. 6. A. Empresa Nacional de Electricidade, S.A. (Endesa).

En consonancia co indicado na parte expositiva da presente orde, caben tres supostos de servicios mínimos aplicables ás seguintes situacións:

A. Mina parada.

B. Funcionamento dunha escavadora, unha amoreadora e parque de regulación.

C. Funcionamento de dúas escavadoras, unha amoreadora e parque de regulación.

Situación central térmica

Tonelaxe

C.T. Parada

o C.T. grupo

C.T.

2 grupos

C.T 3 ou

4 grupos

Menos de 70.000ABC

Entre 70.000

e 100.000 Tm.

AAB

Máis de 100.000AAA

A. Servicios mínimos mina parada.

Postos de traballoDenominación postoNº persoa/día

Producción
1Operador Subestac. tesouro3

Obras
1Subxefe Serv. ou Xef. equipo bombeo3
3Bombeiros9

Sección électrica
2Oficiais taller mina en retén4

Serv. transportes
1Conductor vehículos3

B. Servicios mínimos para unha escavadora, unha amoreadora e parque de regulación.

Postos de traballoDenominación postoNº persoa/día

Producción
1Xefe de quenda área3
3Técnicos de terceira9
4Operads. Escav. e Amor.12
2Maquinista parque regulación6
5Axdtes. Escav. e Amor.15
1Operador control móbil3
1Axdte. control móbil3
3Vixiantes de cintas9
2Maquinistas de bulldozer6
1Maquinist. bulldozer parque Saa1
1Subxef. servicio centro control3
1Operador centro de control3
1Operador subestación tesouro3
1Operador cabeza desprazable3

Obras
1Subxefe Serv. ou Xef. equipo obras-bombeo3
3Bombeiros9

Postos de traballoDenominación postoNº persoa/día

Mantem. Electr.
1Subxef. servicio máquinas3
1Xefe equipo máquinas3
2Oficiais en máquinas6
1Subxf. Serv. ou xefe equipo en cintas3
1Oficial en cintas3
1Subxef. Serv. electrónica3
1Oficial electrónica3

Mantem. Mecan.
1Subxef. Serv. ou xefe equipo en retén3
3Oficiais retén9
1Subxef. Serv. ou xefe equipo vulcanizado3
2Oficiais vulcanizado6

Almacén mina
1Almaceneiro3

Maquinaria e

equipos

1Encargado transportes3
2Conductores vehículos6
1Maquinista Maq. Aux. parque Saa2

C. Servicios mínimos para dúas escavadoras, unha amoreadora e parque de regulación.

Postos de traballoDenominación postoNº persoa/día

Producción
1Xefe de quenda área3
4Técnicos de terceira12
6Operadores Esc. e amoreadora18
2Maquinista parque regulación6
7Axdtes. Esc. e amoreadora21
1Operador control móbil3
1Axdte. control móbil3
4Vixilantes de cintas12
2Maquinistas de bulldozer6
1Maq. de bulldoz. parque Saa1
1Subxef. Serv. C. control3
1Operador centro control3
1Operador subestación tesouro3
1Operador cabeza desprazable3

Obras
1Subxef. Serv. ou xefe equipo obras-bombeo3
3Bombeiros9

Mantem. Elect.
1Subxef. servicio en máquinas3
1Xefe equipo en máquinas3
2Oficiais en máquinas6
1Subxef. Serv. ou xefe equipo en cintas3
1Oficial en cintas3
1Subxef. Serv. electrónica3
1Oficial electrónica3

Mantem. Mecan.
1Subxef. Serv. ou xefe equipo en retén3
4Oficiais retén12
1Subxef. Serv. ou xefe equipo vulcanizado3
2Oficiais vulcanizado6

Almacen mina
1Almaceneiro3

Postos de traballoDenominación postoNº persoa/día

Maquinaria e

equipos

1Encargado de transportes3
3Conductores vehículos9
1Maquinista Máq. Aux. parque Saa2

Artigo 2º

O persoal que debe presta-los servicios mínimos establecidos no artigo anterior será destinado, no suposto da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais -Servicio Galego de Saúde- polo director xerente da área sanitaria da Coruña-Ferrol, polos delegados provinciais das consellerías respectivas e polos directores de persoal, nos restantes supostos; os nomes dos designados publicaranse nos taboleiros de anuncios dos respectivos centros de traballo.

Artigo 3º

O incumprimento da obriga de atende-los servicios mínimos fixados nesta orde será sancionado de conformidade coa lexislación vixente aplicable ós diversos colectivos.

Artigo 4º

O disposto na presente orde non suporá ningunha limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece ó persoal na dita situación.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

8640