Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 02 de decembro de 1996 Páx. 10.849

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 1996, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se lle autoriza a ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado Nuestra Señora del Pilar de Foz (Lugo).

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Nuestra Señora del Pilar de Foz (Lugo) no que solicita a ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil.

Resulta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo, que o envía cos informes emitidos pola Inspección de Educación e pola Unidade Técnica.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) e demais disposicións complementarias.

Considérase que o devandito centro privado ten autorización ou clasificación definitiva para impartir educación preescolar.

Considérase que o Real decreto 1004/1991 establece, na súa disposición transitoria terceira, que os centros privados que teñan autorización ou clasificación definitiva para imparti-la educación preescolar, na entrada en vixencia deste real decreto, enténdense autorizados para poder imparti-lo segundo ciclo de educación infantil, suposto que se dá nos centros solicitantes.

Esta dirección xeral resolveu:

Autorizarlle ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado que se relaciona no anexo da presente resolución, e facer constar que, para a posta en funcionamento desta, a titulación do profesorado deberá axustarse ó establecido no Real decreto 1004/1991.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 1996.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO

Provincia de Lugo.

Concello: Foz.

Localidade: Foz.

Enderezo: Virgen del Pilar, 27.

Denominación: Nuestra Señora del Pilar.

Titular: Religiosas Terciarias Franciscanas.

Nivel: educación infantil-2º ciclo.

Unidades de que constaba: 2

Unidades novas autorizadas: 1

Total de unidades autorizadas: 3

8648