Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Hijas de Cristo Rey do Carballo-Oleiros (A Coruña) no que solicita a ampliación de dúas unidades do segundo ciclo de educación infantil.
Resultando que o expediente foi tramitado foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña que o envía cos informes emitidos pola Inspección de Educación e pola Unidade Técnica.
Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do
4), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) e demais disposicións complementarias.
Considerando que o devandito centro privado ten autorización ou clasificación definitiva para impartir educación preescolar.
Considerando que o Real decreto 1004/1991 establece, na súa disposición transitoria terceira, que os centros privados que teñan autorización ou clasificación definitiva para imparti-la educación preescolar, na entrada en vixencia deste real decreto, enténdense autorizados para poder imparti-lo segundo ciclo de educación infantil, suposto que se dá nos centros solicitantes. Esta dirección xeral,
RESOLVEU:
Autorizar-lle a ampliación de dúas unidades do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado que se relaciona no anexo da presente resolución e facer constar que, para a posta en funcionamento desta, a titulación do profesorado deberá axustarse ó establecido no Real decreto 1004/1991.
Santiago de Compostela, 11 de novembro de 1996.
Severino Somoza Gómez
Director xeral de Centros e Inspección Educativa
ANEXO
Provincia da Coruña
Concello: Oleiros
Localidade: O Carballo
Enderezo: Avda. Miguel Hernández, 24.
Denominación: Hijas de Cristo Rey
Titular: Congregación Hijas de Cristo Rey
Nivel: educación infantil-2º ciclo.
Unidades de que constaba: 7.
Unidades novas autorizadas: 2.
Total de unidades autorizadas: 9.
8851