Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 28 de novembro de 1996 Páx. 10.762

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 11 de abril de 1996 pola que se declara a caducidade da batea de cultivo denominado Suafer número 3, sito na cuadrícula número 24 do polígono A de Redondela.

Visto o expediente de caducidade da concesión administrativa incoado á S.L. Mejillones Pilo, na súa condición de titular da concesión administrativa sita na cuadrícula nº 24 do polígono A de Redondela, onde está fondeado a batea flotante denominado Suafer nº 3 autorizado para cultivo de ostra e,

Resultando que segundo inspeccións realizadas os días 12, 14 e 15 de xullo de 1995, detectouse na batea Suafer nº 3, fondeada na cuadrícula e lugar supracitado dentro da zona III-B, grande cantidade de mexillón reparcado, procedente da zona I que naquela época estaba cerrada por existencia de toxina D.S.P.

Resultando que analizado o citado mexillón, o resultado foi positivo á presencia de toxina D.S.P. e en concentracións superiores ás regulamentariamente permitidas.

Resultando que o día 17-7-1995, e ante o grave perigo que para a saúde pública puidera ocasina-lo mexillón afectado pola citada toxina, procedeuse, por parte de efectivos do Servicio de Protección de Recursos, á súa destrucción.

Resultando que con data 26-7-1995, o director xeral de Marisqueo e Acuicultura dicta resolución pola que ordena que se incoe expediente de caducidade á empresa titular da citada batea.

Resultanto que con data 31-7-1995, o delegado territorial da Consellería en Vigo nomea instructor do citado expediente e funda a causa de caducidade no artigo 72 F) da Lei 6/1993, do 11 de maio, e no artigo 24 F) do Decreto 423/1993, do 17 de decembro.

Resultando que con data 2-8-1995, notifícaselle o interesado a iniciación do citado expediente.

Resultando que en tempo e forma, o interesado presenta escrito de alegacións que en síntese sinala o seguinte:

-Que os feitos non son subsumibles nos preceptos indicados no acordo de incoación do citado expediente.

-Que se atenta coa resolución ós principios de tipicidade e imputabilidade.

-Que non se ten en conta a presunción de inocencia consagrada no artigo 24.1º da Constitución.

-Que non procede a caducidade da concesión.

Resultando que con data 29-10-1995, remíteselle ó interesado copia da acta de destrucción dos mexillóns, subscrita por efectivos do Servicio de Protección de Recursos, así como copia do informe emitido polo director do centro de control de calidade do medio mariño.

Resultando que con data 6 de novembro o interesado presenta escrito de alegacións no que en síntese sinala o seguinte:

-Que xamais cometeu o feito que se lle imputa.

-O principio de presunción de inocencia.

Resultando que con data 23-11-1995, o instructor dicta proposta de resolución, propón a declaración de caducidade da citada concesión polos motivos antes apuntados, sendo notificada ó interesado o 24-11-1995.

Resultando que en tempo e forma o interesado presenta escrito de alegacións que en síntese sinalan o seguinte, reproducen as anteriores alegacións.

Vista a Lei de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común 30/1992, do 26 de novembro, a Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, o Decreto 423/1993, do 17 de decembro, o Decreto 116/1995, do 31 de marzo e demais disposicións aplicables ó caso, e:

Considerando que segundo o artigo 72 F) da Lei 6/1993 e 24 F) do Decreto 423/1993, do 17 de decembro, e causa de caducidade «... os perigos para a saúde pública ... debidos ó establecemento ou ó seu funcionamento anormal».

Considerando que segundo informes e a documentación que constan no expediente, resulta acreditada a realización da conducta, a súa imputación á sociedade expedientada e a súa correcta subsunción nos preceptos indicados.

Considerando en cato ó fondo, que as alegacións do recorrente non desvirtúan nin a realidade dos feitos nin a súa imputabilidade.

Visto o anterior, esta consellería acorda, no exercicio das súas atribucións, declara-la caducidade da concesión administrativa da cuadrícula nº 24 do polígono A de Redondela, onde está fondeada a batea denominada Suafer nº 3.

A presente resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá o interesado interpoñe-lo correspondente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados desde a recepción da presente resolución.

Santiago de Compostela, 11 abril de 1996.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

8377