Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 28 de novembro de 1996 Páx. 10.761

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 4 de novembro de 1996, do Servicio de Inspección e Laboratorios de Saúde Pública da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 14/1996 por infraccións en materia sanitaria.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, cos datos e derradeiro enderezo coñecido, a resolución do expediente sancionador 14/1996, por infraccións en materia sanitaria, iniciado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense.

Fáiselle saber que, de acordo co título VII, capítulo II, sección 2ª, artigos 114 a 117, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, dispón do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación, para presentar recurso ordinario ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

En cado de conformidade coa sanción deberá facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda Galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións do Servicio Galego de Saúde, número 001-014017-2 do Banco Bilbao Vizcaya, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e sirva de notificación ó interesado, expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela, 4 de novembro de 1996.

Mª Sagrario Pérez Castellanos

Xefa do Servicio de Inspección e Laboratorios de Saúde Pública

ANEXO

Expediente: 14-1996.

Denunciado: Vieira, S.A.

Derradeiro enderezo coñecido: Quintela de Canedo, Ourense.

Feito denunciado: infracción en materia sanitaria.

Precepto:

-Infrinxido: L. 14/1986 (Xeral de sanidade); O. 2-9-1986 (Rexistro sanitario); R.d. 157/1985.

-Sancionador: Lei 14/1986 (Xeral de sanidade); Art. 2, 3, 4; do R.d. 1945/1983 (infracción e sancións).

Sanción proposta: 600.000 ptas.

8372