Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 28 de novembro de 1996 Páx. 10.763

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e estatutos da Asociación Facultativa Galega de Practicantes Titulares.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depostiados a acta de constitución e estatutos da Asociación Facultativa Galega de Practicantes Titulares, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas persoas físicas maiores de edade, con plena capacidade de obrar, que pertenzan ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de atención primaria e especializada-subescala de atención primaria, clase de practicantes titulares.

Asinan a acta de constitución: Carlos Barreiro Trigo e catro persoas máis.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

8549