Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Rodeiro-Bandoxa (Oza dos Ríos-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 2124/1980, do 29 de agosto (BOE nº 246, do 13 de outubro de 1980).
Primeiro.-Con data 30 de xullo de 1996, o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña, aprobou o acordo de concentración da zona de Rodeiro-Bandoxa (Oza dos Ríos-A Coruña), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas en vista do resultado da enquisa deste último.
Segundo.-O acordo de concentración, estará exposto ó público no concello de Oza dos Ríos e nos lugares de costume da parroquia durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP.
Terceiro.-No prazo de trinta días que se din, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, podendo os recorrentes presenta-lo recurso na Xefatura de Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural (edificio administrativo de Monelos, s/n, 6ª Planta, A
Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expresando no escrito un domicilio dentro do concello para facerlle as notificacións que procedan, e, se é o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facerse as notificacións.
Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser obxecto de recurso de alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Ley de concentración parcelaria para Galicia).
A Coruña, 31 de outubro de 1996.
Rogelio del Valle Muñoz-Cobo
Xefe de Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña
8753