Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 28 de novembro de 1996 Páx. 10.759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

AVISO do 17 de outubro de 1996, da Xefatura de Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña, da toma de posesión provisoria de predios da zona de concentración parcelaria de Arzúa-A Mella-Viladavil (Arzúa-A Coruña).

Rematada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Arzúa-A Mella-Viladavil (Arzúa-A Coruña) e non excedendo o número de recursos presentados e pendentes do seis por cento dos titulares das explotacións, nin representando os reclamantes máis do dez por cento da superficie concentrada, a Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural resolveu dar posesión provisoria dos novos predios. A meritada toma de posesión é obrigatoria para tódolos interesados e enténdese, sen prexuízo das rectificacións que procedan como consecuencia dos recursos que prosperen (artigo 44 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

Os interesados poderán reclamar ante esta xefatura (edificio administrativo, Praza Luis Seoane, s/n, 15008 A Coruña) xuntando dictamen pericial, sobre diferencias superiores ó dous por cento entre a cabida real dos novos predios e o que conste no expediente de concentración, dentro dos trinta días seguintes ó da publicación do presente aviso no Diario Oficial de Galicia (artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

Para os oportunos efectos establécense os seguintes prazos de toma de posesión:

a) Labradío sen colleita pendente, prados e pasteiros o día seguinte ó da publicación deste aviso no Diario Oficial de Galicia.

b) Os restantes predios, no momento de seren retiradas as colleitas que estiveran pendentes de recolección no día antes citado.

c) En relación coas árbores existentes nos predios recoméndase, na medida do posible, chegar a un acordo entre achegante e adxudicatario; no caso contrario, poderán ser retiradas polos propietarios das parcelas de achega dentro dos catro meses seguintes á publicación do presente aviso no Diario Oficial de Galicia, logo de petición á Xefatura de Servicio de Montes e Industrias Forestais do preceptivo permiso e o informe favorable do Servicio de Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes no caso de seren especies autóctonas protexidas. Transcorrido o referido prazo entenderase que pertencen ó propietario do novo predio.

A Coruña, 17 de outubro 1996.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña

8389