Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 28 de novembro de 1996 Páx. 10.748

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (469/1994).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de Xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela.

Certifico: que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de menor contía número 469/1994, que ten como encabezamento e parte dispositiva o seguinte:

«Sentencia: en Santiago de Compostela, o vintedous de xullo de mil novecentos noventa e seis.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial, viu os presentes autos de xuízo de menor contía seguidos neste xulgado baixo o número 469/1994, por instancia de Manuel Tejo Nieves e Ignacio Novio Cepeda, representados polo procurador Regueiro Muñoz, asistido do letrado Paz Sueiro, contra María Viéitez Cutrín, Manuel Novio Viéitez, Juan Novio Viéitez, Hortensia Novio Viéitez, representados pola procuradora Sánchez Silva, asistido do letrado López Fernández e contra persoas descoñecidas e incertas que puidesen estar interesadas na herdanza de Andrés Novio Nieves, en situación procesual de rebedía.

Que debo estimar e estimo a demanda interposta polo procurador Regueiro Muñoz, en nome e representación de Manuel Tejo Nieves e Ignacio Novio Cepeda contra María Viéitez Cutrín, Manuel Novio Viéitez, Juan Novio Viéitez, Hortensia Novio Viéitez, representadas pola procuradora Sánchez Silva e contra persoas descoñecidas e incertas. Declarando:

a) Que os predios nº 1523, 1522 e 1521 da zona de concentración parcelaria de Eixo-Marrozos, no termo municipal de Santiago de Compostela, da propiedade respectivamente de Ignacio Novio Cepeda, Manuel Tejo Nieves, Florinda Viéitez Gamas, descritas no feito primeiro da demanda ten dereito para a súa rega ó aproveitamento de augas que discorren polos predios número 1.491 e 1.492 da repetida zona de concentración parcelaria á que aluden no feito terceiro propiedade da primeira dos demandados Manuel, Juan e Hortensia Novio Viéitez, como herdeiros de Andrés Novio Viéitez e a segunda da propiedade de María Viéitez Cutrín.

b) Que os demandados deben repo-lo estanque sito no predio número 1.492 e o leito que atravesa os predios números 1.491 e 1.492 da súa propiedade que se alude no feito terceiro, ó ser e estado que sempre tiveron, de tal maneira que as augas discorran para a rega dos predios 1.523, 1.522 e 1.521,

sen obstáculo ningún, todas da citada zona de concentración parcelaria, debendo de absterse no sucesivo de todo acto que supoña perturbación do aproveitamento en cuestión.

Condenando os demandados a pasar por estas declaracións a repo-lo estanque e leito a que se rexeran no seu anterior estado realizando as obras necesarias para tal efecto.

Non se fai condena en canto ás custas procesuais.

Contra esta resolución poderá interporse neste xulgado recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e para a súa publicación no DOG e notificación ós demandados descoñecidos e incertos que puidesen ter interese na herdanza de Andrés Novio Viéitez, expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o sete de outubro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario xudicial

Rubricado

7559