Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 28 de novembro de 1996 Páx. 10.748

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (205/1996).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que, nos autos de xuízo executivo, seguidos con número 205 de 1996, se dictou sentencia con data 8 de outubro de 1996, que ten un encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo executivo seguidos neste xulgado ó número 205 de 1996, entre partes, dunha como demandante Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, domiciliada en Pontevedra, representada en autos polo procurador García Piccoli Atanes, asistida do letrado Laren Lamas e doutra como demandados, Rosa Raña Ramos, veciña desta cidade, con domicilio na rúa Hórreo, nº 5-1-C e a entidade Cetycar, S.A:, con domicilio actual descoñecido, incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, sobre póliza de conta de crédito.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada neste proceso contra Rosa Raña Ramos e a entidade Cetycar, S.A., facendo remate dos bens embargados e que se embarguen e o seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte executante Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, da suma principal de 1.912.159 pesetas, gastos, xuros pactados e legais e custas causadas e que causen, que preceptivamente se impoñen á parte debedora, a quen será notificada esta resolución na forma e modo en que dispón a lei para os rebeldes; facéndolles saber ás partes que esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación dentro de cinco días perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Lévese certificación ó preito principal.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia e intrucción, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que lle sirva de notificación á entidade demandada Cetycar, S.A., expido o presente edicto en Santiago de Compostela o oito de outubro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

7410