Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 28 de novembro de 1996 Páx. 10.749

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (141/1993).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela,

Fago saber que neste xulgado se seguen autos procedemento de xuízo executivo baixo o número 141/1993, por instancia de Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Regueiro Muñoz, contra José Manuel Mayán Santos e Programa Industrias e Laboratorios, S.A., nos cales se acordou sacar a pública poxa, por termo de vinte días, os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

Primeira.-Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o próximo día 24 de xaneiro de 1997, ás 10 horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de 63.550.000 ptas.

Segunda.-Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o próximo día 24 de febreiro de 1997, ás 10 horas na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25% do tipo que o foi para a primeira.

Terceira.-Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o próximo día 24 de marzo de 1997, ás 10 horas na sala de audiencia deste xulgado, con suxeición a tipo.

Cuarta.-Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

Quinto.-Para tomar parte en calquera das tres poxas tódolos licitadores, con excepción do acredor demandante, deberán consignar previamente o 20%

do tipo para seren admitidos á licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584-17-0141/1993, presentando o resgardo de ingreso.

Sexta.-Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan en autos, de manifesto na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador os acepta como bastante, sen que poida esixir ningún outro e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do actor, se os houber, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen destinarse á súa extinción o prezo de remate.

Sétima.-Poderán facerse ofertas en prego pechado.

Oitava.-No caso de que tivese que suspenderse calqueira das tres poxas trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana en que se sinalase a poxa suspendida.

Novena.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, agás a que corresponda ó mellor postor, a que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga, e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

Décima.-Se o acredor o pedise ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate os outros ofertantes e sempre pola orde destas.

Décimo primeira.-O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselle ó debedor, no predio ou predios poxados e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto da poxa.

-Entreplanta.

Urbano, número seis, local para vivenda na entreplanta sinalado coa letra C, pertencente a un edificio situado na avenida Romero Donallo, número corenta e dous, desta cidade de Santiago de Compostela. Extensión: cento trinta metros cadrados. Elle anexa unha terraza da extensión de trinta metros cadrados. Estrema coa inclusión da terraza: fronte, coa dita terraza e a terraza anexa, con predio de Francisca Fernández Tarrío e esquerda, coas vivenda S.A. e B, e co relanzo e caixa de escaleiras, e costas coa

dita avenida Romero Donallo e coa caixa das escaleiras. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela, número dous, tomo 814, libro 460, folio 217, predio 33.283, inscripción segunda.

-Piso sexta planta.

Local número sete, piso sexto da casa número vintenove da rúa Doutor Teijeiro, ensta cidade, con superficie útil aproximada de 120 metros cadrados, e un rocho anexo. Inscrita no rexistro da Propiedade número un de Santiago de Compostela, tomo 843, libro 486, folio 110, predio 35.429, inscrición segunda.

-Piso ático.

Local número oito, planta de ático da casa número vintenove da rúa Doutor Teijeiro, nesta cidade, con superficie útil aproximada de 50 metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade, número dous de Santiago de Compostela, tomo 843, libro 486, folio 113, predio 35.430, inscrición segunda.

Resume valoración.

-Entreplanta: 25.300.000 ptas.

-Piso sexto e ático: 38.250.000 ptas.

-Total valoración: 63.550.000 ptas.

Dado en Santiago de Compostela o 7 de outubro de 1996.

Rubricado

7565