Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 28 de novembro de 1996 Páx. 10.750

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (154/1996-02).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas número 154/1996, por instancia de agentes policía local número 121 e 136 contra Manuel Rivero Álvarez e nas súas actuacións dictouse sentencia que ten como encabezamento e parte dispositiva o seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o 3 de outubro de 1996. En nome de El-Rei. Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, despois de ver no xuízo oral e público o expediente de xuízo de faltas número 154/1996, sobre lesións, no que foron partes como denunciantes os policías locais números 121 e 136 e, como denunciado Manuel Rivero Álvarez e o Ministerio Fiscal, pronuncio esta sentencia.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Manuel Rivero Álvarez da falta da que viña sendo inculpado neste procedemento e declaro de oficio as custas procesuais causadas en primeira instancia.

Contra a presente resolución poderase interpor recurso de apelación por escrito presentado ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a súa notificación».

E para que conste e lle sirva de notificación a Manuel Rivero Álvarez, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o 10 de outubro de 1996.

Rubricado

7564