Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 27 de novembro de 1996 Páx. 10.688

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 13 de novembro de 1996 pola que se publican as bases que rexen a convocatoria do concurso unitario para a provisión de postos de traballo vacantes reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Por Resolución do 22 de outubro de 1996, da Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio para as Administracións Públicas, (BOE do 30 de outubro), convocouse concurso unitario para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

En cumprimento do establecido no apartado 3º do artigo 13 da Orde do 10 de agosto de 1994, do Ministerio para as Administracións Públicas, pola que se dictan normas sobre concursos de provisión de postos reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, esta consellería,

DISPÓN:

Publica-las bases do concurso unitario para a provisión de postos de traballo vacantes de Administración local con habilitación de carácter nacional correspondentes ó ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Bases polas que se rexe o concurso unitario para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional

A) Bases comúns.

Primeira.-Postos vacantes.

Teñen a consideración de postos vacantes para efectos deste concurso, e polo tanto ofrécense nel (anexo I):

-Os postos que estando vacantes o 10 de febreiro de 1996, e non incluídos no concurso unitario resolto en data 12-2-1996, non se convocaron no concurso ordinario do presente ano.

-Os postos vacantes con posterioridade ó 10 de febreiro de 1996, ou que van quedar vacantes nos próximos seis meses a partir da presente convocatoria por xubilación do seu actual titular, dos que as respectivas corporacións acordaron a súa

inclusión neste concurso unitario, de acordo co previsto no parágrafo 2º do Art. 25 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo.

Non se ofrecen en cambio:

-Os postos vacantes incluídos no concurso unitario convocado por Resolución do 6-11-1995, e resolto en data 12-2-1996. Dado que o 10 de febreiro de 1996 (data límite dada ás corporacións locais polo Art. 19 do R.D. 1732/1994, do 29 de xullo, para envia-las bases de convocatoria do concurso seguinte, o ordinario de 1996, á respectiva Comunidade Autónoma) o concurso unitario de 1995 continuaba en trámite, non lles era posible ás corporacións locais ofrece-los ditos postos no concurso ordinario de 1996, xa que iso suporía o ofrecemento destes en dous concursos simultaneamente, duplicidade de ofrecemento que faría imposible a resolución de ámbolos dous. Non podendo dispoñer, por tanto, da posibilidade legal de establecer bases e méritos específicos para a cobertura de tales postos no concurso ordinario de 1996, non é posible conseguintemente incluílos con carácter obrigatorio no presente concurso unitario de 1997, xa que iso suporía furtarlles ás corporacións locais a posibilidade de

establecer bases específicas na cobertura dos seus postos de habilitados mediante concurso.

-Os postos que quedaron vacantes con posterioridade ó 10 de febreiro de 1996, xa que ésta foi a data límite para remitirlles ás comunidades autónomas as convocatorias do concurso ordinario de 1996 e con ela expira a obrigatoriedade de ofrece-las vacantes no dito concurso, sendo obrigatorio só ofrecelas no seguinte concurso ordinario, é dicir, no de 1997.

Segunda.-Participación.

1. Poderán tomar parte no presente concurso os funcionarios con habilitación de carácter nacional, pertencentes ás subescalas a que se refire o artigo 20 do Real decreto 1174/1987, do 18 de setembro, podendo solicitar soamente os postos que, segundo a súa clasificación, correspondan ás subescalas e categorías a que pertencen.

Poderán participar, así mesmo, os funcionarios non integrados nas ditas subescalas e categorías, pertencentes ós extinguidos corpos nacionais de secretarios, interventores e depositarios de Administración local a que se refire a Disposición transitoria primeira, 1, do Real decreto 1174/1987, do 18 de setembro, nos termos seguintes:

-Os secretarios de primeira, a postos reservados á subescala de secretaría, categoría superior.

-Os secretarios de segunda, a postos reservados á subescala de secretaría, categoría de entrada.

-Os secretarios de terceira, a postos reservados á subescala de Secretaría Intervención.

-Os secretarios de concellos a extinguir, a secretarías de concellos con poboación que non exceda de 2.000 habitantes.

-Os interventores, a postos reservados á subescala de intervención-tesourería, categoría superior, pero unicamente a postos de intervención.

-Os depositarios, a postos reservados á subescala de intervención-tesourería, pero unicamente a postos de tesourería.

2. Os funcionarios con nomeamento provisional e os que se encontren en expectativa de nomeamento están obrigados a solicita-la totalidade de postos correspondentes á súa subescala e categoría. Tamén o están os que se atopen en calquera das circunstancias a que se refire o artigo 53.2º do Real decreto 1174/1987, do 18 de setembro, os que cesaran na situación de servicios especiales e non tiveran reserva de praza, e os que promocionaran á categoría superior nos termos do artigo 24.2º do mesmo real decreto.

3. Non poderán concursar:

a) Os funcionarios inhabilitados e os suspensos en virtude de sentencia ou resolución administrativa firmes, se non transcorrera o tempo sinalado nelas.

b) Os funcionarios destituídos a que se refire o artigo 148.5º do texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado polo Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, durante o período a que se estenda a destitución.

c) Os funcionarios nas situacións de excedencia voluntaria a que se refire o artigo 29.3º,c) e d), da Lei de medidas para a reforma da función pública, se non transcorrese o prazo de dous anos desde o pase a elas.

d) Os funcionarios que non leven dous anos no último destino obtido con carácter definitivo en calquera Administración pública, salvo que concursen a postos reservados á súa subescala e categoría na mesma corporación ou se encontren nos supostos do artigo 20.1º,f), da Lei de medidas para a reforma da función pública.

Terceira.-Documentación e prazo para participar.

1. No prazo de 15 días naturais a partir da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado, os funcionarios con habilitación de carácter nacional que desexen tomar parte no presente concurso dirixirán á Subdirección Xeral de Función Publica Local (Rexistro de entrada de documentos do Ministerio para as Administracións Públicas, r/ Alcalá Galiano, 8, 28071 Madrid), a seguinte documentación:

-Solicitude de participación con expresión individualizada de tódolos postos a que concursan e declaración xurada de non estar incursos en ningunha das circunstancias a que se refire o artigo 18.3º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo. A especificación de postos solicitados farase por orde de prelación de adxudicacións, con carácter único para a totalidade de postos que se soliciten.

A unicidade da orde de prelación manterase incluso no suposto de solicitar postos de varias subescalas e categorías se a pertenza do concursante a estas o permitise.

-Acreditación do coñecemento da lingua e méritos de determinación autonómica nos termos e para os postos situados en comunidades autónomas que os estableceran de acordo co que especifica o apartado B) Bases das comunidades autónomas.

2. Se se solicitasen exclusivamente postos do País Vasco, a documentación dirixirase á Comunidade Autónoma, (Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Administración Local, r/ Duque de Wellington, 2, 01010 Vitoria-Gasteiz).

Cuarta.-Méritos xerais.

Os méritos xerais polos que se rexe este concurso son os comprendidos na resolución desta mesma data desta dirección xeral, pola que se dá publicidade á relación individualizada de méritos xerais dos habilitados nacionais, que inclúe os inscritos no Rexistro de Habilitados nacionais ata esa mesma data.

Quinta.-Tribunal de Valoración.

1. O Tribunal de Valoración do presente concurso será o seguinte:

-Presidente titular:

Juan Corral Villalba.

-Presidenta suplente:

Ana María García Fernández.

-Vocais titulares:

Francisco M. Macías Benítez.

Margarita Mª Revillo Pinilla.

Juan González Fontes.

José Luis Sánchez Santiago.

Norbert Llarás i Marques.

Bernabé Esteban Ortega.

Mª Dolores Martín Gil.

Fernando Alonso Barahona.

César García-Monge Herrero.

Ana Cristina Hidalgo Alonso.

Genaro Conde Rebollar.

Ana de Oleza Ferrandis.

José Mª Endemaño Arostegui.

Noel Zapico Rodríguez.

Pedro Antonio Mas Cladera.

Loreto Díaz Sánchez.

Jesús González Pueyo.

-Vocais suplentes:

Ana Peralías Panduro.

Francisco V. de Vera Pinilla.

Francisco J. Ramos García.

Antonio Meneses Tocino.

Lluis Calsina i Vallés.

Miguel Romero Carmona.

Mª Luisa Ramos García.

Eva I. Pereda López.

Augusto Martín Agudo.

Vicente Aleixandre Mendizábal.

José de Toro Luengo.

Josefa Eugenia Salvador Alamar.

José Luis Aguirre Aratibel.

José Manuel García Gallo.

Juan José Ferrando Valverde.

Eduardo Suárez Campo.

José Benavides y Herrera.

-Secretario titular:

Antonio Calderón López.

-Secretaria suplente:

Mercedes Martín Sánchez.

2. O tribunal para comprobación do grao de coñecemento da lingua oficial e valoración dos méritos determinados pola Comunidade Autónoma do País Vasco será o que esta comunidade designe.

Sexta.-Exclusión de concursantes e valoración de méritos.

1. O Tribunal de Valoración excluirá os concursantes que non reúnan as condicións de participación sinaladas na base segunda, se é o caso, ou o requisito de lingua.

A continuación puntuará os méritos dos concursantes non excluídos, do seguinte xeito:

-A puntuación por méritos xerais, ata un máximo de 19,50 puntos, deducidos da relación incluída na resolución publicada conxuntamente con esta convocatoria, non sendo posible acreditación adicional ningunha por parte dos concursantes nin valoración distinta por parte do tribunal.

-A valoración de méritos de determinación autonómica, ata un máximo de 3 puntos, con base na documentación achegada polos concursantes conforme as reglas específicas de cada Comunidade Autónoma.

-Respecto dos postos sen méritos de determinación autonómica, o tribunal puntuará exclusivamente os xerais ata un máximo de 19,50 puntos.

2. No caso de empate na puntuación final de méritos de dous ou máis concursantes, o tribunal dará prioridade na proposta de adxudicación a aquel que obtivese maior puntuación por méritos de determinación autonómica. De manterse o empate, a favor de quen en méritos xerais teña maior puntuación nos apartados a), b), c), d) e e), pola dita orde, do artigo 15.1º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo. En última instancia o empate resolverase de acordo coa orde de prelación no proceso selectivo.

Sétima.-Proposta de resolución.

Trala exclusión e puntuación de concursantes, o tribunal formulará relación comprensiva dos non excluídos coas súas puntuacións, así como relación fundada de excluídos. De acordo coas puntuacións, e coa orde de prelación para o suposto de concursantes que obteñan a máxima puntuación en dous ou máis postos, o tribunal formulará e elevará a

esta dirección xeral proposta de adxudicación de postos.

Oitava.-Resolución.

Esta dirección xeral resolverá o concurso de acordo coa proposta formulada polo Tribunal de Valoración, remitíndolle ás comunidades autónomas e publicándoo no prazo dun mes no Boletín Oficial del Estado.

Novena.-Prazo posesorio.

1. O prazo de toma de posesión nos destinos obtidos no concurso será de tres días hábiles se se trata de postos de traballo da mesma localidade ou dun mes se se trata de primeiro destino ou de postos de traballo en localidade distinta.

O dito prazo empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes á publicación da resolución do presente concurso no Boletín Oficial del Estado.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita publicación.

2. Se no momento da publicación do nomeamento non se producise a xubilación a que se refire o artigo 11 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, o prazo de cesamento no posto de orixe diferirase ó momento en que esta teña lugar.

3. O cómputo de prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso, se lles concedesen ós interesados.

4. Por necesidades do servicio, mediante acordo dos presidentes das corporacións en que teña que cesar e tomar posesión o concursante, poderase diferi-lo cesamento e a toma de posesión ata un máximo de tres meses, debendo o segundo deles dar conta de tal acordo a esta dirección xeral.

Excepcionalmente, por instancia do interesado e por razóns xustificadas, poderá tamén diferirse a toma de posesión, por igual prazo, por acordo entre os presidentes respectivos dando conta a esta dirección xeral.

Décima.-Irrenunciabilidade e voluntariedade dos destinos.

1. Os destinos adxudicados serán irrenunciables, desde o momento en que o tribunal lle remita a esta dirección xeral a proposta de adxudicación.

2. Os destinos obtidos neste concurso terán carácter voluntario, non xerando, en consecuencia, dereito ó aboamento de indemnización por traslado.

Décimo primeira.-Notificación de cesamentos e tomas de posesión.

1. As dilixencias de cesamento e toma de posesión dos concursantes que accedan a un posto de traballo, de acordo coa resolución do concurso, deberán ser comunicadas a esta dirección xeral e á

Comunidade Autónoma respectiva, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se produzan.

2. A toma de posesión determina a adquisición dos dereitos e deberes funcionariais inherentes ó posto, pasando a depender o funcionario da correspondente corporación.

Décimo segunda.-Normas para a Comunidade Autónoma do País Vasco.

As institucións forais procederán á resolución do concurso e a súa remisión á Comunidade Autónoma.

O órgano competente da Comunidade Autónoma do País Vasco e a Dirección Xeral de Función Pública efectuarán a coordinación precisa para evita-los nomeamentos múltiples nos supostos en que os interesados obteñan simultaneamente postos en corporacións locais da Comunidade Autónoma do País Vasco e dalgunha outra.

Décimo terceira.-Recursos.

Os actos administrativos no procedemento de concurso unitario poderán ser impugnados conforme o previsto nos artigos 114 a 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

ANEXO I

POSTOS DE TRABALLO QUE SE OFRECEN NO PRESENTE CONCURSO UNITARIO

Comunidade Autónoma de Galicia.

Clase de postoC. postoLocalidadeProvincia

Secretaría clase 1ª1569001Pontes de García Rodríguez (As)A Coruña
1572001RibeiraA Coruña

Secretaría clase 2ª1529001CoristancoA Coruña
1570001Porto do SonA Coruña
2708501BurelaLugo
2719001FozLugo
2740001PantónLugo
2758001SoberLugo
3609001Cañiza (A)Pontevedra
3612001CotobadePontevedra
3618001ForcareiPontevedra
3629001MoañaPontevedra
3649001Salvaterra de MiñoPontevedra
3660001Vilanova de ArousaPontevedra

Secretaría clase 3ª1512001BoqueixónA Coruña
2712001CervantesLugo
2717001Folgoso do CaurelLugo
2741001ParadelaLugo
2763001VicedoLugo
3212001Blancos (Os)Ourense
3215001Bolo (O)Ourense
3267001RamirásOurense
32C0101Man. Interm. Vol. do RibeiroOurense

Intervención clase 1ª1505001ArteixoA Coruña
1509001BetanzosA Coruña
1560001OrtigueiraA Coruña
1569002Pontes de García Rodríguez (As)A Coruña
1572002RibeiraA Coruña
3654001TuiPontevedra

Intervención clase 2ª1507001Baña (A)A Coruña
1513001BriónA Coruña
1522001CedeiraA Coruña
1529002CoristancoA Coruña
1540001LarachaA Coruña
1544001MazaricosA Coruña

Clase de postoC. postoLocalidadeProvincia

1545001MelideA Coruña
1554001NedaA Coruña
1555001NegreiraA Coruña
1568001PontedeumeA Coruña
1571001RianxoA Coruña
1573001RoisA Coruña
1574001SadaA Coruña
1576001Santa CombaA Coruña
1587001Val do DubraA Coruña
2707001BegonteLugo
2708502BurelaLugo
2709001CarballedoLugo
2718001Fonsagrada (A)Lugo
2719002FozLugo
2720001FriolLugo
2722001GuitirizLugo
2731001MonterrosoLugo
2739001Palas de ReiLugo
2756001SarriaLugo
2759001TaboadaLugo
2764001VilalbaLugo
3209001Barco de Valdeorras (Os)Ourense
3219001Carballiño (O)Ourense
3224001CelanovaOurense
3268001RibadaviaOurense
3606001CambadosPontevedra
3609002Cañiza (A)Pontevedra
3622001Grove (O)Pontevedra
3629002MoañaPontevedra
3634001Neves (As)Pontevedra
3648001Salceda de CaselasPontevedra
3649002Salvaterra de MiñoPontevedra
3655001ValgaPontevedra
3660002Vilanova de ArousaPontevedra

Tesorería1517001CambreA Coruña
1553001NarónA Coruña
1560002OrtigueiraA Coruña
1569003Pontes de García Rodríguez (As)A Coruña
3640001PoioPontevedra
3654002TuiPontevedra

Vice-Intervención

clase 1ª

3600101Pontevedra (concello)Pontevedra

Agrupación Inter-2710001Castro de ReiLugo
vención clase 2ª3270001Rúa (A)Ourense
3612002CotobadePontevedra

8548