Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 27 de novembro de 1996 Páx. 10.681

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 14 de novembro de 1996 pola que se establecen axudas periódicas de prevención e apoio a familias para a integración do menor.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.23º, asígnalle á Comunidade Autónoma a competencia exclusiva en materia de asistencia social.

A Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais para Galicia, no seu artigo 50, prevé a posibilidade de concederlles prestacións e axudas económicas a persoas que se atopen en estado de necesidade. O Decreto 2/1994, do 13 de xaneiro, polo que se establece a estructu ra orgánica da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, no seu artigo 1, atribúelle á devandita consellería competencia en materia de familia e menores, de acordo co establecido no Estatuto de autonomía de Galicia.

O Decreto 112/1995, do 31 de marzo, sobre medidas de protección de menores e adopción que no seu capítulo 2º, artigos 8 e 9 prevé o apoio á familia como un dos recursos principais de carácter preventi vo coa finalidade de cubri-las necesidades básicas do menor e mellora-lo seu contorno.

A orde da Consellería de Economía e Facenda do 2 de xuño de 1986, modificada pola orde do 18 de outubro de 1991, posibilita no seu artigo 1.1º a tramitación anticipada de expedientes de gasto imputables ó capítulo IV «no exercicio orzamentario inmediatamente anterior a aquel no que se vaia materializa-la contraprestación, sempre que exista crédito adecuado e suficiente no proxecto de orzamentos xerais da Comunidade que se someta á aprobación do Parlamento de Galicia, unha vez que ese proxecto estea aprobado polo Consello da Xunta e que corresponda ó exercicio orzamentario no que se vaia materializa-la contraprestación».

A aplicación desta norma supón a posibilidade de axiliza-lo proceso de execución do orzamento, beneficiando moi especialmente os propios administrados e sen mingua da soberanía do Parlamento toda vez que o artigo 3.2º dispón que «no suposto de subvencións, a autorización do gasto e a contratación da obriga demoraranse ata a aprobación do crédito que vaia ampara-lo gasto».

Na Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia e no proxecto de Lei de presupostos xerais da Comunidade Galega para o ano 1997, establécense os requisitos e normas necesarios e básicos para a xestión e actividade económico-financeira, normativa á que, en consecuencia, se adaptará a presente orde, tendo en conta en todo caso os principios de publicidade, obxectividade e concorrencia.

No citado proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1997, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia do 11-10-1996 na aplicación 14.02.212A.484.10 existe partida orzamen taria para as axudas que se establecen na presente orde, reservándose para tal efecto un crédito de 152.256.000 ptas.

Na súa virtude, en uso das facultades que teño atribuídas,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto e finalidade destas axudas.

A presente orde ten por obxecto a convocatoria de axudas individuais, de carácter periódico, de prevención e apoio á familia para integración do menor, durante o exercicio económico de 1997. A finalidade destas axudas é proporcionar apoio económico a familias para garanti-la atención adecuada ós menores ó seu cargo e favorece-la permanencia destes no seu medio, evitando os riscos de desestruc turación familiar.

Artigo 2º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as familias con menores de idade que se atopen en circunstancias carenciais graves e precisen de apoios económicos para satisface-las súas necesidades básicas e evita-la desestructuración familiar.

Artigo 3º.-Contía das axudas.

A contía mínima e máxima que poderán alcanzar estas axudas está comprendida entre dez mil pesetas (10.000 ptas.) e cincuenta mil pesetas (50.000 ptas.) mensuais por familia, sen que superen a contía de vinte mil pesetas (20.000 ptas.) por menor.

A determinación da contía total da axuda que se concederá por unidade familiar establecerase en función das circunstancias económicas e sociais que concorran en cada caso.

Artigo 4º.-Requisitos.

Serán requisitos necesarios para a concesión das axudas:

1. Residir na Comunidade Autónoma galega.

2. Que os menores non teñan cumpridos os 18 anos de idade.

3. Que a renda per cápita anual do núcleo familiar non exceda de trescentas mil pesetas (300.000 ptas.).

4. Que a axuda sexa necesaria para garanti-la permanencia do menor no seu medio familiar.

5. Que a familia poida evolucionar cara á súa plena autonomía e integración social, sendo estas axudas un apoio temporal.

6. Que a dinámica do núcleo familiar garanta a educación e normalización da vida destes menores en aspectos tales como alimentación e vestiario dignos, escolarización regula rizada, atención médica adecuada, hixiene e coidado corporal e outros análogos.

7. Que a unidade familiar non reciba axudas polo mesmo concepto doutros organismos.

Artigo 5º.-Solicitudes e documentación.

As solicitudes formularanse mediante instancia subscrita polo representante da unidade familiar segundo o modelo oficial (anexo I).

Cada solicitude irá acompañada da seguinte documentación:

1. Fotocopia do DNI do solicitante e do resto dos membros da unidade de convivencia obrigados a obtelo.

2. Fotocopia do libro de familia.

3. Xustificación de haberes: última nómina dos membros da unidade convivencial que perciban haberes, declaración de IRPF ou declaración xurada dos maiores de idade de non estaren obrigados a facela, certificación positiva ou negativa de percepción de prestación económica do INEM referida así mesmo ós maiores de idade; xustificación doutros ingresos familiares de se-lo caso. A xustificación farase de acordo co modelo de declaración para os maiores de idade (anexo II).

4. Compromiso escrito por parte do solicitante (anexo III) de:

a) Aplica-las axudas á finalidade para a que sexan concedidas.

b) Contribuír á normalización e integración social do núcleo familiar.

c) Atender correctamente á educación dos menores ó seu cargo.

d) Acadar canto antes a plena autonomía familiar.

e) Comunicarlle nun prazo non superior a 15 días ó órgano competente que tramitou a solicitude, calquera modificación que afecte ás características deste tipo de axudas.

Deberá xuntarse á documentación aportada polos solicitantes un informe social, elaborado polos servicios sociais municipais ou, se a situación o require, polos equipos do menor da provincia correspon dente que, en todo caso, deberá axustarse ó modelo oficial descrito no anexo IV. O dito informe valorará e verificará os datos presenta dos, e proporá as oportunas medidas que se deban tomar, especificándose como se efectuará o seguimento das axudas, tanto para garanti-la súa correcta aplicación como para procurar un apoio periódico que posibilite canto antes a plena autonomía destas familias.

No caso de que o solicitante recibise unha axuda para a integración do menor durante o ano 1996, á solicitude xuntaráselle unicamente a xustificación de haberes prevista no punto 3, así como o preceptivo informe social.

Artigo 6º.-Lugar e prazo de presentación de solicitudes.

A solicitude e maila documentación requirida presentaranse na delegación da Consellería de Familia, Muller e Xuventude da provincia onde teña o seu domicilio o solicitante ou ben nos concellos de residencia deste. Estes últimos remitirán os expedientes á delegación correspondente, sendo, en todo caso, de aplicación o disposto no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir da data de entrada en vigor da presente orde, salvo en situacións de extrema gravidade, devidamente xustificadas, xurdidas despois deste prazo, que rematará o 31 de outubro de 1997.

Artigo 7º.-Tramitación.

1. As delegacións provinciais comprobarán que tódalas solicitu des reúnen os requisitos esixidos na presente orde, requirindo do interesado por escrito a corrección dos defectos que houbese, con indicación de que, se así non o fixese no prazo de 10 días se arquivará, o expediente sen máis trámite.

2. Revisada a documentación e completada, se é o caso, remitirase á comisión provincial de valoración, que terá a función de propoñe-la concesión, modificación, prórroga, suspensión, revogación ou denegación delas, seguindo os criterios obxectivos recollidos na presente orde.

3. A composición da comisión provincial de valoración será a seguinte:

-Presidente: o xefe do servicio de Familia, Infancia e Menores da delegación provincial.

-Vocais: o delegado provincial designará dous funcionarios, dos que un actuará como secretario da comisión. Así mesmo, participará un representante da Intervención Territorial, que actuará con voz pero sen voto.

4. Tódolos actos de trámite dictados nos expedientes de gasto regulados por esta orde entenderanse condicionados a que, ó se dicta-lo acordo de compromiso de gasto, subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento en que foron producidos aqueles actos. Para estes efectos poderase solicitar ós interesados declaración xurada acreditativa.

Artigo 8º.-Resolución.

1. A resolución das axudas, unha vez fiscalizadas pola Intervención, corresponderalles ós delegados provinciais da Conselle ría de Familia, Muller e Xuventude, segundo o Decreto 88/1990, do 15 de febreiro, que deberán resolver no prazo dun mes, a partir da terminación do prazo de presentación de solicitudes. No caso de non existir resolución expresa neste prazo, as solicitudes teranse por desestimadas.

2. A duración, contía e condicións das axudas serán as que se especifiquen na resolución de concesión.

3. Os delegados provinciais poderán modificar, suspender ou revoga-las axudas concedidas, logo do informe da comisión provincial de valoración, nos casos en que varíen as condicións que motivaron a concesión ou do incumprimento total ou parcial dos requisitos e condicións establecidas para ela.

4. As resolucións de concesión, denegación, modificación, suspensión, revogación ou prórroga das axudas dictadas polas delegacións provinciais seranlles notificadas ós interesados e terán que ser motivadas.

Artigo 9º.-Pagamento das axudas.

As delegacións provinciais da Consellería de Familia, Muller e Xuventude aboaranlles ás familias a contía da axuda concedida en pagamentos periódicos por mensualidades vencidas.

Artigo 10º.-Seguimento.

O seguimento das axudas será realizado, en cada caso, polo órgano receptor que iniciou a tramitación das solicitudes, preferentemente polos servicios sociais municipais ou, se a situación o require, polo

equipo do menor da provincia correspondente, e consistirá en:

a) Avaliación e control na súa aplicación, esixíndose un mínimo de dous informes anuais da situación das familias beneficiarias.

b) Apoio e orientación ás familias para acadar canto antes a súa plena autonomía.

c) Pór en coñecemento da comisión provincial de valoración as circunstancias que poidan motiva-la modificación ou prórroga das axudas concedidas.

Artigo 11º.-Revogación.

O incumprimento total ou parcial de calquera das condicións esixidas, así como a duplicación da axuda con cargo a outros créditos dos orzamentos xerais do Estado, da Seguridade Social, Administración institucional ou local, constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro polo beneficiario ou solicitante, segundo o disposto pola orde da Consellería de Economía e Facenda do 27 de decembro de 1990.

Artigo 12º

Os receptores das axudas ou subvencións quedan sometidos ás actuacións de comprobación que acorde a Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

Disposicións adicionais

Primeira.-De acordo co disposto no artigo 3.2º da orde da Consellería de Economía e Facenda do 2 de xuño de 1986, a autorización do gasto e a contracción da obriga demoraranse ata a aprobación do crédito que vaia ampara-lo gasto.

Segunda.-A concesión destas axudas terá como límite global o crédito consignado no orzamento para estes fins.

Terceira.-Poderase acorda-la prórroga das axudas previstas na presente Orde para o primeiro trimestre do ano 1998, logo de solicitude dos interesados e sempre que exista crédito orzamentario para o efecto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a directora xeral da Familia para dicta-las normas que sexan necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comezando os efectos económicos das axudas concedidas o día primeiro de xaneiro de 1997.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 1996.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

8468