Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 27 de novembro de 1996 Páx. 10.691

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 15 de novembro de 1996 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Economía e Facenda.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificado polo artigo 6 da Lei 3/1993, do 10 de abril, o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna e en uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo vacante que se indica no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os funcionarios de carreira que reúnan as condicións que para cada posto se sinalan no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda (edificio administrativo San Caetano bloque terceiro, baixo, Santiago de Compostela), nas súas delegacións territoriais, ou nas oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán xuntar á petición un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Quinto.-No caso de resultar seleccionado para ocupa-lo posto de traballo relaciona no anexo I desta orde, un funcionario con destino noutra Administración pública, requirirase o informa favorable do departamento no que presta servicios, considerándose neste senso, de non emitirse no prazo de 15 días, tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. Unha vez tramitado o seu traslado a eta Comunidade Autónoma procederase á adxudicación do posto para o que foi seleccionado.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior radica na mesma localidade có novo destino, ou dun mes de tratarse de distinta localidade ou de reingreso ó servicio activo, e este comezarase a contar desde o día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicción da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo o prazo de toma de posesión comezará a contar desde o día seguinte ó da publicación desta.

Oitavo.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería a vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 1996.

P.D. (O. 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio

ANEXO

Denominación e código do posto: xefe do Servicio de Analise e sistemas de financiamento. EFC50000215770005.

Nivel: 28 A

C. específico (en miles): 1.639,1

Tipo posto: N

Grupo: A/B

Corpo e escala: xeral.

Centro directivo: Dirección Xeral de Presupostos.

Localidade: Santiago de Compostela.

Requisitos/formación específica: pertencer escalas finanzas ou experiencia en materia económica financeira.

ANEXO II

Nota: úsese o que se publica na páxina 10.697

8650