O artigo 28.2º da Constitución española recoñece como dereito fundamental da persoa o dereito á folga.
O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas que presten servicios públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ó mantemento dos servicios esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20 de xuño de 1988), entre os que se atopa a sanidade.
O exercicio público da prestación da asistencia sanitaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación a este.
O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros competentes, por razón dos servicios esenciais afectados, para que, mediante orde, e diante de cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento de tales ser
vicios, así como para determina-lo persoal necesario para a súa prestación.
Convocada folga que afecta os traballadores da empresa Maconsi S.L. adxudicataria do servicio de hostelería-alimentación do hospital do Meixoeiro que se levará para efecto os días 27, 28 e 29 de novembro e 3 e 4 de decembro de 1996, logo de audiencia ó comité de folga,
DISPÓN:
Artigo 1º
A folga convocada que se levará para efecto os días 27, 28 e 29 de novembro e 3 e 4 de decembro de 1996, que afecta os traballadores da empresa Maconsi, S.L., adxudicataria do servicio de hostelería-alimentación do hospital do Meixoeiro, enténdese condicionada ó mantemento dos servicios mínimos que se establecen no anexo desta orde.
Os servicios mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para mante-lo adecuado funcionamento dos servicios do centro sanitario afectado, en evitación de que se produzan graves prexuízos ós usuarios; tendo en conta, fundamentalmente, que a folga ten incidencia ó longo de toda a xornada laboral e para tódalas quendas de traballo, durante tres días consecutivos no mes de novembro e dous días consecutivos no mes de decembro.
Tales mínimos correspóndense, na súa totalidade, cos fixados na folga referente ó mesmo persoal convocada para os días 10, 12, 17, 19, 24, 26 e 31 de maio de 1994.
Artigo 2º
A designación nominal, con carácter rotatorio, do persoal que deberá cubri-los distintos servicios será feita pola dirección da empresa consignataria e procederase á súa publicación nos taboleiros de anuncios do centro de traballo afectado.
Artigo 3º
Os prazos e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servicios mínimos determinados no anexo serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16.1º do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE nº 58, do 9 de marzo de 1977).
Artigo 4º
O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece ó persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.
Artigo 5º
Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observa-las normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios dos establecementos sanitarios.
Disposición derradeira
A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 22 de novembro de 1996.
José Mª Hernández Cochón
Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais
ANEXO
Persoal da empresa mínimos
Cadro de persoal
Servicios
Camareiros/as 34 20
Persoal de cociña 17 11
Total 51 31
7638