Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 27 de novembro de 1996 Páx. 10.665

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 13 de novembro de 1996 sobre revisión de prezos e tarifas máximas por servicios concertados de transporte sanitario.

O Real decreto 1679/1990, do 28 de decembro, polo que se aproban as transferencias á Comunidade Autónoma galega das funcións e servicios do Instituto Nacional da Saúde, establece como unha das súas funcións, a actualización dos concertos coas entidades e institucións sanitarias ou asistenciais que presten servicio na Comunidade Autónoma.

A Lei 8/1991, do 23 de xullo, de reforma da Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, do Servicio Galego de Saúde, establece no seu artigo 4.d) como competencia da Consellería de Sanidade (na actualidade Consellería de Sanidade e Servicios Sociais por Decreto 291/1993 do 11 de decembro), aproba-los módulos económicos para a prestación dos servicios concertados, así como a súa modificación e revisión.

A Orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 11 de setembro de 1995, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 185, do día 26 de setembro de 1995, establecía as normas para a revisión de prezos e tarifas máximas por servicios concertados de transporte sanitario para 1995. Tendo en conta a evolución de índices de prezos en 1995 e as previsións para 1996, resulta necesaria a actualización das condicións económicas dos concertos actualmente vixentes, así como a das tarifas máximas establecidas para as diferentes modalidades de servicios.

En virtude de todo isto, por proposta da Dirección Xeral de Recursos Económicos,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Ambulancias asistidas.

1. As tarifas máximas aplicables en 1996, para o traslado de enfermos nesta modalidade de transporte serán as seguintes:

Por cada servicio urbano:

Se o médico e ATS é persoal da empresa concertada: 33.115 ptas.

Se o médico e ATS é persoal do SERGAS: 26.218 ptas.

Por cada servicio interurbano:

Se o médico e ATS é persoal da empresa concertada, por km: 198 ptas.

Se o médico e ATS é persoal do Sergas, por km: 128 ptas.

Tempo de espera:

Se o médico e ATS é persoal da empresa concertada, cada hora: 3.793 ptas.

Se o médico e ATS é persoal do Sergas, por cada hora: 2.549 ptas.

2. O tempo de espera, para efectos de aplicación da tarifa fixada por este concerto, computarase cando se lle advirta ó conductor da ambulancia a necesidade de regreso do enfermo, para traslados interurbanos distantes máis de 40 quilómetros e aboarase a tarifa establecida por horas completas desde a primeira hora de espera, incluirase esta e ata un máximo de 4 horas, e non se aboarán tempos de espera por períodos inferiores a 60 minutos.

Os concertos vixentes que non incorporaran este concepto nos seus contratos, requirirán a aceptación expresa da empresa concertada para a súa incorporación.

3. As tarifas dos concertos vixentes con anterioridade á entrada en vigor da presente orde revisaranse aplicando sobre as tarifas de cada concerto o 3,5 por 100 de aumento para cada modalidade de servicio, sempre que as tarifas resultantes non sexan superiores ás tarifas máximas establecidas no presente artigo.

Artigo 2º.-Ambulancias non asistidas.

1. As tarifas máximas aplicables durante 1996, ó traslado de enfermos nesta modalidade de transporte, serán as seguintes:

TransporteTransporte

programadonon programado

PesetasPesetas

Servicios interurbanos:

-Por cada quilómetro 5763

Servicios urbanos:

-Por cada servicio urbano,

En poboacións de máis

de 200.000 habitantes1.7241.889

En poboacións de ata

200.000 habitantes1.2191.336

Tempo de espera:

-Por cada hora: 1.634 ptas.

O cómputo e aboamento do tempo de espera realizarase tal e como se define no artigo 1º da presente orde, con independencia de que o servicio sexa ou non programado.

Artigo 3º.-Transporte colectivo de enfermos.

1. Transporte colectivo interurbano. As tarifas máximas para os novos concertos que se subscriban en 1996, polo traslado de enfermos nesta modalidade de transporte, serán as seguintes:

1.1. Importe fixo mensual: 260.686 ptas./vehículo. Este importe aboarase por cada mes que o vehículo prestase os seus servicios por requirimento das direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde, e inclúe a realización polo vehículo dun mínimo de 75 servicios mensuais, considerando como servicio o traslado dun enfermo desde o seu domicilio a un centro asistencial e o retorno.

1.2. Importe por quilómetro, 51,75 ptas. Este importe aboarase polos quilómetros pecorridos diariamente, calquera que sexa o número de enfermos trasladados, non se computarán os percorridos en baldeiro e determinarase o número de quilómetros segundo as distancias máis curtas entre as localidades da rota, reflectidas no mapa oficial de estradas, editado polo Ministerio de Fomento.

1.3. Importe por servicio adicional: 371 ptas. Este importe aboarase polos servicios realizados que superen os 75 mensuais establecidos no punto 1.1 e coa mesma definición.

2. En atención ás necesidades asistenciais concretas, a Dirección Xeral de Atención Especializada poderá propoñe-la concertación de servicios de transporte colectivo de enfermos no medio urbano, logo da determinación das tarifas aplicables en cada caso.

Artigo 4º

As tarifas dos concertos vixentes á entrada en vigor da presente orde poderanse incrementar nun 3,5 por cento, sempre que non superen as tarifas máximas establecidas nos artigos 1,2 e 3. Tamén se poderán incrementar na porcentaxe máxima do 3,5 por cento os concertos de transporte sanitario subscritos polo Sergas distintos dos sinalados nos anteriores artigos.

Artigo 5º.-Concertos especiais de transporte.

Dentro do plan asistencial de transporte sanitario de cada provincia e cando o Servicio Galego de Saúde o considere necesario para garanti-lo servicio de transporte sanitario, calquera que sexa a modalidade deste, en determinadas poboacións, poderase contratar mediante o establecemento dunha contraprestación económica, consistente nun canon fixo mensual.

Este canon calcularase en función da previsión de servicios a realizar e do número posible de enfermos usuarios, así como das distancias existentes ós centros de tratamento.

A contraprestación que se estableza non poderá supera-las tarifas vixentes con carácter xeral. As condicións administrativas e económicas deberá aprobalas o Servicio Galego de Saúde.

As condicións económicas dos concertos especiais de transporte revisaranse de acordo co previsto en cada concerto.

Artigo 6º.-Normas de procedemento.

1. A aplicación da revisión de tarifas dos concertos vixentes o 31 de decembro de 1995, realizarase automaticamente polo Servicio Galego de Saúde, con efectos desde o día 1 de xaneiro de 1996.

Para os concertos subscritos con posterioridade á dita data, a efectividade da revisión será desde a data da súa formalización.

Ós concertos autorizados en base ás tarifas máximas establecidas para 1995 e que se atopen en fase de formalización á entrada en vigor da presente orde, seranlles de aplicación as normas de revisión que se establecen unha vez formalizados.

Non obstante aqueles concertos de transporte que se formalizaron en 1995, coas tarifas de 1994, e non se actualizaron durante 1996, poderán ser revisadas co incremento correspondente a 1995 e 1996 acumulado.

Nas autorizacións de uso temporais a tarifa aplicable será a que expresamente sexa aceptada pola empresa para o período da súa vixencia. Non obstante, a partir da data da entrada en vigor desta orde, as tarifas máximas autorizadas serán as incluídas nesta.

2. Para axiliza-la aplicación inmediata desta norma deberase observa-lo seguinte procedemento:

2.1. Os directores provinciais do Servicio Galego de Saúde, no prazo máximo de vinte días naturais, a partir da data de publicación desta disposición, formularán unha nota dilixencia por cada concerto vixente na súa provincia, na que se faga consta-la contía do incremento e os novos prezos resultantes por cada unha das prestacións ou servicios que a empresa teña validamente concertados, así como a data a partir da cal se adquira o dereito ó incremento. O contido desta dilixencia será comunicado por calquera medio que permita deixarlle constancia ó representante legal da empresa concertada, outorgándolle un prazo máximo de quince días naturais para presentar escrito de conformidade, ou, se é o caso, alegacións de desconformidade.

2.2. Se transcorrido o prazo indicado non se producise ningunha comunicación por parte da empresa concertada nin se recibise escrito de conformidade desta, o director provincial remitiralle a nota dilixencia sen asinar, á Intervención Territorial Delegada para a súa preceptiva fiscalización. Unha vez intervida favorablemente, o director provincial emitirá resolución, que eleve a definitiva a revisión proposta.

Esta resolución acompañada dun exemplar da nota dilixencia, remitiráselle á empresa concertada por calquera medio que permita deixar constancia, á Dirección Xeral de Atención Especializada, á Intervención Territorial e á Subdirección Xeral de Orzamentos da Dirección Xeral de Recursos Económicos.

2.3. Sen perxuízo dos recursos que ó respecto poidan presentarse, a dirección provincial procederá a efectua-las liquidacións de atrasos correspondentes e a tramita-las sucesivas facturacións coas novas tarifas.

2.4. Se, transcorrido o prazo citado de quice días naturais, se producise escrito de desconformidade por parte da empresa concertada, a dirección provincial elevará o expediente á Dirección Xeral de

Recursos Económicos para a resolución que proceda.

Artigo 7º

Os servicios de inspección velarán polo correcto cumprimento das obrigas das empresas concertadas e en particular das que se refiren ó tratamento adecuado dos enfermos da Seguridade Social.

Artigo 8º

As tarifas establecidas na presente orde, inclúen tódolos impostos, taxas e cargas legais que gravan ou poidan grava-los servicios obxecto de contratación polo Servicio Galego de Saúde.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o Director Xeral de Atención Especializada e ó Director Xeral de Recursos Económicos para adopta-las medidas necesarias en relación coa execución e desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de novembro 1996.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

8778