Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 26 de novembro de 1996 Páx. 10.644

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (99/1995).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que nos autos de divorcio tramitados neste xulgado co número 99/1995, se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva ten o teor literal que segue:

«En Santiago de Compostela o 16 de xullo de 1996, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de divorcio seguido neste xulgado co número 99/1995, no que actuaron como partes, como demandante María Delia García Bugallo, maior de idade e veciña de Santiago de Compostela, representada polo procurador Ricardo García Piccoli Atanes e defendida polo letrado Manuel Martín Gómez, como demandado José María Sieiro Toubes, maior de idade e residente en Washington-USA.

Decido que debo decretar e decreto a disolución por divorcio do matrimonio formado por María Delia García Bugallo e José María Sieiro Toubes, e aprobo como medidas reguladoras da situación patrimonial e persoal creada por esta resolución a atribución á demandante do uso e desfrute exclusivo da vivenda conxugal. Non se fai imposición de custas. Unha vez firme esta resolución, expídanse os despachos

oportunos para practica-la inscrición marxinal no Rexistro Civil.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial neste xulgado no prazo de 5 días desde a notificación. Así, por esta miña sentencia, xulgado definitivamente na instancia, pronúncio, mándoo e asínoo». Dou fe.

E para que así conste e sirva de notificación a José María Sieiro Toubes, expido esta cédula en Santiago de Compostela o un de outubro de mil novecentos noventa e seis. Dou fe.

A secretaria

Rubricado

8751