Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 26 de novembro de 1996 Páx. 10.643

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (141/1993).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela.

Fago saber que neste xulgado se seguen autos de procedemento xuízo executivo, baixo o número 400/1994, por instancia de Pastor, S.A., representado polo procurador Regueiro Muñoz, contra José Manuel Mayán Santos e Promaga Industrias y Laboratorios, S.A., nos cales se acordou sacr a pública poxa, por termo de vinte días, os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións.

Primeira.-Sinálase para que teña lugar o remate en primeira poxa o proximo día 24 de xaneiro ás 10 horas, na Sala de Audiencia deste xulgado polo tipo de 50.900.000 ptas.

Segunda.-Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o próximo día 24 de febreiro de 1997, ás 10 horas, na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25% do tipo que o foi para a primeira.

Terceira.-Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o próximo día 24 de marzo de 1997, ás 10 horas na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta.-Nas poxas primeira e segunda non se admitirán posturas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta.-Para tomaren parte en calquera das tres poxas, tódolos licitadores -a excepción do acredor demanante deberá consignar previamente o 20% do tipo para seren admitidos á licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que se deberá consignar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, facilitando o número do expediente ou procedemento seguinte: 1584-17-0141/93, e presentando o resgardo do ingreso.

Sexta.-Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan en autos, de manifesto na secretaría do xulgado para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador os acepta como bastante, sen que poida esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do actor, se os houber, continuarán subsitentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepte e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen destinarse á súa extinción o prezo de remate.

Sétima.-Poderán facerse ofertas en prego pechado.

Oitava.-No caso de que tivese que suspenderse claquera das tres poxas trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana en que se sinalase a poxa suspendida.

Novena.-Devolveránse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, agás a que corresponda ó mellor postor, a que se reservarán en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

Décima.-Se o acredor o pedise o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise a súa obriga por se desexasen aproveita-lo remate os outros ofertantes e sempre pola orde destas.

Décimo primeira.-O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselle ó debedor, no predio ou predios poxados e, se ó e o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto de poxa.

Entresollado.

1. Metade indivisa. Urbana, núemero seis, lcoal dedicado a vivenda no entresollado sinalado coa letra C, pertencente a un edificio sito na Avda. Romero Donallo número corenta e dous, desta cidade de Santiago de Compostela. Extensión: cento trinta metros cadrados. Ten anexa unha terraza da extensión de trinta metros cadrados. Limita, con inclusión da terraza: fronte, coa dita terraza e a terraza anexa, con predio de Francisca Fernández Tarrío; esquerda, coas vivendas letras A e B, e con relanzo e caixa de escaleiras; e parte de atras coa dita Avda. de Romero Donallo e coa caixa das escaleiras.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela, número 2, tomo 814, libro 460, folio 217, predio 33.283, inscrición segunda.

Piso sexta planta.

Local número sete, piso sexto da casa número vintenove da rúa Doutor Teijeiro, nesta cidade, con superficie útil aproximada de 120 metros cadrados, e un rocho anexo. Inscrita no Rexistro da Propiedade número un de Santiago de Compostela, tomo 843, libro 486, folio 110, predio 35.429, inscrición segunda.

Piso ático.

Local número oito, planta de ático da cada número vintenove da rúa Doutor teijeiro, nesta cidade, con superficie útil aproximada de 50 metros cadrados, inscrito no Rexistro da Propiedade número dous de Santiago de Compostela, tomo 843, libro 486, folio 113, predio 35.430, inscrición segunda.

Resumo da valoración.

Entresollado: 12.650.000 ptas.

Piso sexto e ático: 38.250.000 ptas.

Total valoración: 50.900.000 ptas.

Dado en Santiago de Compostela, catro de novembro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

7346