Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 26 de novembro de 1996 Páx. 10.642

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (400/1994).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela.

Fago saber, que neste xulgado se seguen autos de procedemento xuízo executivo, baixo o número 400/1994, por instancia de Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Regueiro Muñoz, contra José Eduardo Fernández Santos e Teresa Santos León, nos cales se acordou sacar a pública poxa, por termo de vinte días os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións.

Primeira.-Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o proximo día 23 de decembro ás 10 horas, na sala de audiencia deste xulgado polo tipo de 3.920.000 ptas.

Segunda.-Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o próximo

día 23 de xaneiro de 1997, ás 10 horas, na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25% do tipo que o foi para a primeira.

Terceira.-Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o próximo día 21 de febreiro de 1997, ás 10 horsa na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta.-Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubrar o tipo correspondente.

Quinta.-Para tomar parte en calquera das tres poxas tódolos licitadores -con excepción do acredor demandante- deberán consignar previamente o 20% do tipo para ser admitidos a licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584-17-0400/1994, presentando resgardo do ingreso.

Sexta.-Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan en autos, de manifesto na secretaría do xulgado para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador os acepta como bastante, sen que poida esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do actor, se os houber, continuarán subsitentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepte e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen destinarse á súa extinción o prezo de remate.

Sétima.-Poderán facerse ofertas en prego pechado.

Oitava.-No caso de que tivese que suspenderse calquera das tres poxas trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana en que se sinalase a poxa suspendida.

Novena.-Devolveránse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, agás a que corresponda ó mellor postor, a que se reservarán en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

Décima.-Se o acredor o pedise o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se desexasen aproveita-lo remate os outros ofertantes e sempre pola orde destas.

Décimo primeira.-O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselle ó debedor, no predio ou predios poxados e, se ó e o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto de poxa.

Urbana.-Vivienda sita na planta terceira esquerda da casa número 6 da rúa Negreira de Santiago de Compostela, cunha superficie de 56 metros cadrados. Estrema: ó fronte. con relanzo e caixa das escaleiras, entrando con espacio libre; esquerda, con rúa Negreira, e fondo con espacio libre. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela, número un, ó tomo 056, libro 006, folio 145, predio número 509, inscrición primeira.

Valoración: 3.920.000 ptas.

Dado en Santiago de Compostela o un de outubro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

8305