Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 26 de novembro de 1996 Páx. 10.642

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (221/1990).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber, que nos autos de xuízo executivo número 221/1990 se dictou sentencia con data do 24 de setembro de 1996 que ten o encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo executivo, seguidos neste xulgado con número 221/1990 (procedentes do extinto Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, co número 115/1989), entre partes: dunha, como demandante, a Caixa Postal de Aforros, domiciliada en Madrid, representada en autos polo procurador García Piccoli Atanes, asistida do letrado Puñal Costa, e da outra, como demandados, Alfonso Villar Zon, maior de idade, veciño desta cidade, con domicilio en

r/ Rodríguez de Viguri nº 19-4, Nuria Anta Álvarez e Alejandro Salvador González, veciños que foron desta cidade e na actualidade con domicilio descoñecido, todos eles incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, sobre póliza de préstamo.

Decido, que debo mandar e mando seguir adieante a execución despachada neste proceso contra Alfonso Villar Zon, Nuria Anta Álvarez e Alejandro Salvador González, ata facer remate dos bens embargados e que se embarguen, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte executante, Caixa Postal de Aforros, da suma primcipal de 211.291 pesetas, gastos e xuros pactados e legais, e custas causadas e que se causen, que preceptivamente se lle impoñen á parte debedora, a quen lle será notificada esta resolución na forma e modo que dispón a lei para os rebeldes. Fáiselles saber ás partes que esta resolución non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro de cinco días para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Lévese certificación ó preito principal.

Así, por esta miña sentencia, xulgado definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia anterior foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que sirva de notificación ós demandados rebeldes Alfonso Villar Zon, Nuria Anta Álvarez e Alejandro Salvador González, expido este edicto, que asino e selo en Santiago de Compostela o vintecatro de setembro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

7280