Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 26 de novembro de 1996 Páx. 10.645

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1996 polo que se convoca a contratación, mediante concurso público, procedemento aberto, do servicio de mantemento na Casa de Galicia en Madrid, como expediente anticipado de gasto.

1. Obxecto: contratación do servicio de mantemento da Casa de Galicia en Madrid.

2. Orzamento de licitación: 10.606.400 pesetas.

3. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá retirarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, situada no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela, e na Casa de Galicia en Madrid, sita na rúa Casado del Alisal, 8 de Madrid.

4. Fianza provisional: non se esixe.

5. Fianza definitiva: 424.256 pesetas.

6. Clasificación: grupo III, subgrupo 5, categoría A.

7. Modelo de proposición: o que figura como anexo I ó prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do día 23 de decembro de 1996.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto: «Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación do servicio de mantemento da Casa de Galicia en Madrid, que presenta .... en nome .... (propio ou da entidade que representa)».

8. Apertura de proposicións: en acto público, na sala «B» de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás 10 horas do día 26 de decembro de 1996.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que deberá aboalo con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

8752