Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 26 de novembro de 1996 Páx. 10.600

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 12 de novembro de 1996 pola que se nomean vocais do Consello de Dirección do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.

No artigo 4 da Lei 7/1994, do 29 de decembro, disponse que do Consello de Dirección do Instituto Lácteo e Gandeiro (Ilgga) formarán parte cinco vocais, correspondéndolle o seu nomeamento ó conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes.

Pola súa vez, no artigo 9 do Decreto 128/1996, do 14 de marzo, que desenvolve a antedita Lei de creación do Ilgga, disponse que, amais do director do instituto, haberá outros cinco vocais, un deles en representación da Consellería de Economía e Facenda, e os outros catro da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes. O primeiro destes por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e

os catro restantes de entre persoas de recoñecido prestixio no sector lácteo e gandeiro e altos cargos ou funcionarios da Administración autonómica.

Xa que logo, despois de realiza-los trámites oportunos, cómpre efectua-los devanditos nomeamentos para a constitución do Consello de Dirección do Instituto Lácteo e Gandeiro e, en consecuencia,

ORDENO:

Artigo único.

Noméanse cinco vocais do Consello de Dirección do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, segundo o que a seguir se especifica:

a) En representación da Consellería de Economía e Facenda:

O subdirector xeral do Patrimonio, José Luís Veiga Castiblánquez.

b) En representación da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes:

O delegado provincial de Lugo, José Ramón Molinero Senovilla.

O subdirector xeral de Modernización de Explotacións do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, José Luís Díez Díez.

O subdirector xeral de Sanidade Animal e Vexetal, José Mª Salgado López.

A subdirectora xeral de Persoal e Coordinación Administrativa, Mª Lourdes Batán Aira.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 1996.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

8612