Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 26 de novembro de 1996 Páx. 10.600

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 412/1996, do 21 de novembro, polo que se dispón que cese Jaime Cabeza Gras, como delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda na Coruña.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e do seu presidente, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteún de novembro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, na súa condición de delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda na Coruña, Jaime Cabeza Gras, agradecéndolle os servicios prestados.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinteún de novembro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

8438