Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 21 de novembro de 1996 Páx. 10.483

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1996, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, pola que se conceden axudas para o desenvolvemento de proxectos educativos conxuntos no marco do Programa Sócrates, Lingua, Acción E, que se van realizar entre o 2 de setembro de 1996 e o 30 de xuño de 1997.

Por orde da Consellería de Educación, do 10 de abril de 1996 (DOG do 23), convocáronse axudas para o desenvolvemento de proxectos educativos conxuntos no marco do Programa Sócrates, Lingua, Acción E.

De conformidade co disposto no apartado décimo da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Adxudicar axudas, pola contía que se indica, para a realización de intercambios e encon

tros escolares que se desenvolverán entre o 2 de setembro de 1996 e o 30 de xuño de 1997, ós centros que figuran relacionados no anexo I.

Segundo.-O libramento das axudas ós centros realizarase a través da Axencia Nacional Sócrates. A dita axencia enviará a cada un dos centros seleccionados o modelo de contrato elaborado pola Comisión Europea. Este documento deberá ser cuberto e asinado polo director do centro e remitido posteriormente a esta dirección xeral, quen o fará chegar á Axencia Nacional Sócrates.

Terceiro.-Unha vez recibidos os fondos da Comisión Europea, a Axencia Nacional Sócrates iniciará a tramitación para efectua-lo libramento das cantidades correspondentes a cada un dos centros seleccionados, de acordo co establecido nos contratos asinados polos ditos centros.

Cuarto.-De acordo coa normativa vixente, os beneficiarios deste tipo de axudas quedan obrigados a:

1. Comunicar, se é o caso, a obtención de subvencións ou axudas para a mesma finalidade de calquera administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

2. Someterse ás actuacións de comprobación que, se é o caso, poida efectua-la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, así como a Axencia Nacional Sócrates e a Comisión Europea.

3. Xustifica-lo correcto investimento das axudas recibidas, mediante a presentación da seguinte documentación:

3.1. Memorias.

Os centros beneficiarios enviarán orixinal e copia da memoria descritiva do Proxecto Educativo Conxunto (PEC), cunha extensión máxima de 25 folios. A dita memoria reflectirá o grao de cumprimiento dos obxectivos programados, o número de alumnos participantes e a avaliación das actividades levadas a cabo, incluíndo elementos de análise por parte dos alumnos. Poderá xuntarse material audiovisual.

A memoria deberá remitirse á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional (Edificio San Lázaro 107. 15771 Santiago de Compostela), especificando Programa Sócrates, Lingua, Acción E», no prazo dun mes desde a finalización da actividade.

3.2. Xustificación económica.

3.2.1. Certificado do director do centro que exprese que quedou cumprida a finalidade que motivou a concesión da axuda.

3.2.2. Certificación do consello escolar sobre a aplicación dada á axuda recibida, que substituirá ós xustificantes orixinais, que quedarán en poder dos centros a disposición do Tribunal de Contas e da Intervención Xeral da Administración do Estado para a realización das comprobacións oportunas no ámbito das súas respectivas competencias.

3.2.3. Ficha financeira segundo o modelo que a Axencia Nacional Sócrates enviará ó centro seleccionado xunto co contrato.

A citada xustificación económica deberá remitirse ó enderezo sinalado no apartado cuarto.3.1., e dentro do prazo marcado no mesmo apartado, exceptuando a ficha financeira, que se remitirá nos dez días seguintes á súa recepción.

Quinto.-A non xustificación da axuda percibida de acordo co ó disposto nestas bases conlevará ó reintegro á Axencia Nacional Sócrates das cantidades non xustificadas e as esixencias dos xuros de demora, sen prexuízo das responsabilidades administrativas en que poida incurrir de acordo cos artigos 81 e 82 da vixente Lei xeral orzamentaria na súa nova redacción dada pola Lei 31/1990, do 27 de decembro.

Sexto.-Calquera alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.

Sétimo.-Contra a resolución de adxudicación, os centros interesados poderán interpoñer no prazo dun mes, recurso ordinario ante o director xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional.

Oitavo.-A presente resolución entrará en vigor o día siguiente da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 1996.

José Luis Mira Lema

Director xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional

ANEXO I

Relación de centros beneficiarios das axudas e contía

CentroLocalidadeProvinciaCentro asociadoPaísEcus

IFP de CarballoCarballoA CoruñaEscola técnico-vocacional de AstrosGrecia4.717
IB MonelosA CoruñaA CoruñaCollege Jean Moulin. S. NazaireFrancia4.560
IB de MugardosMugardosA CoruñaVestfyns Gymnasium. ClamsbjergDinamarca6.133
IB Rosalía de CastroSantiago de CompostelaA CoruñaLycée St. Joseph. CognacFrancia3.400
IB Lucus AugustiLugoLugoSkive GymnasiumDinamarca6.133
IB Salvador MorenoMarínPontevedraCollège G. BrassensFrancia3.400
IB Álvaro CunqueiroVigoPontevedraSt. Clement Danes School. HertfordsReino Unido3.050
IB Rosais IIVigoPontevedraC. Sainte Marie-St. J. Baptiste. RoyanFrancia3.400

96-8360