Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 21 de novembro de 1996 Páx. 10.483

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 13 de novembro de 1996 pola que se modifica a do 17 de outubro de 1996, pola que se convocan 20 bolsas de promoción exterior do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Por terse diferido a publicación no Diario Oficial de Galicia da convocatoria de bolsas de promoción exterior do Instituto Galego de Promoción Económica, faise necesario amplia-los prazos de solicitude e exposición de listas provisionais de admitidos e excluídos na selección.

Na súa virtude, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo 1º

Modifícanse as bases da convocatoria de bolsas de promoción exterior do Igape publicadas como anexo á resolución da Consellería de Economía e Facenda, do 17 de outubro de 1996 (DOG do 8 de novembro de 1996), nos seguintes extremos:

a) O último parágrafo da base 2 queda redactado como segue: «O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de decembro de 1996».

b) Base 7.1.: elimínase a data do 15 de decembro de 1996 como prazo inicial para o Igape de exposición da lista provisional de solicitudes admitidas e excluídas.

Disposición final

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 1996.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

8187