Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 19 de novembro de 1996 Páx. 10.392

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 25 de outubro de 1996 pola que se fixan os prezos de venda ó público de diversas publicacións da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería que se relaciona no anexo.

2. Estes prezos entenderanse, se é o caso, con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 1996.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

ANEXO

-Estudio da bonamiase da ostra plana en Galicia. Epidemioloxía e ciclo celular: 2.000 ptas.

-Estudio de la marteiliase do mexillón. Efectos desta enfermidade no mexillón cultivado nas rías galegas: 2.000 ptas.

-Cartografía de sedimentos submarinos da ría de Pontevedra: 1.200 ptas.

-Quistes de dinoflaxelados das costas de Galicia: 3.000 ptas.

8156