Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 19 de novembro de 1996 Páx. 10.392

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

DECRETO 403/1996, do 7 de novembro, polo que se crea na Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais a Subdirección Xeral de Ordenación, Informes e Estudios.

A actual estructura da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais establécese no Decreto 63/1996, do 15 de febreiro. Segundo o seu artigo 4.3, para o exercicio das súas competencias, a secretaría xeral conta coa vicesecretaría xeral, a subdirección xeral de réxime administrativo, a inspección sanitaria, a subdirección xeral de atención sociosanitaria e, integradas organicamente nela, a asesoría xurídica e a intervención delegada.

A necesidade dunha fluída e constante interrelación en materia sanitaria coas administracións públicas e a administración central do estado e a importancia, non só dun seguimento racional, senón tamén dunha avaliación global das actuacións das distintas unidades da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais fan necesaria a creación dunha unidade á que, con rango de subdirección xeral, se lle encomende o apoio nestas funcións.

Polo tanto, en virtude do disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 22 de outubro, por proposta do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais e cos informes previos da Consellería da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de novembro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-Créase na Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais a Subdirección Xeral de Ordenación, Informes e Estudios, á que lle corresponderá o seguimento e avaliación global dos obxectivos e accións das distintas unidades da consellería, así como o apoio administrativo, mediante a emisión de informes e estudios, nas relaciones de carácter sanitario cos órganos da Administración central do Estado e demais administracións públicas.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento do presente decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, sete de novembro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

8157