Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 19 de novembro de 1996 Páx. 10.392

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 28 de outubro de 1996 pola que se aproba a reordenación dos polígonos de bateas denominados «A» e «B» do distrito marítimo de Sada na provincia da Coruña.

Os polígonos de bateas denominados «A» e «B» situados no distrito marítimo de Sada, foron creados por orde do Ministerio de Comercio do 14 de febreiro de 1974 (BOE do 28 de marzo).

O Real decreto 3318/1982, do 24 de xullo, transfírelle á Xunta de Galicia as competencias en materia de marisqueo e acuicultura co carácter de exclusivas, de acordo co artigo 27.15º do Estatuto de autonomía e o 148.1º 11. da Constitución. No exer

cicio destas competencias e en cumprimento do disposto no artigo 1 do Decreto 197/1986, do 12 de xuño, e o 3 do Regulamento para explotación de bateas situadas en zona marítima, aprobado polo Decreto 2559/1961, do 30 de novembro, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, en virtude da Orde do 4-4-1989 (DOG nº 80), declara de interese marisqueiro e urxente execución a revisión e reordenación dos polígonos «A» e «B» do distrito marítimo de Sada.

En consecuencia, unha vez redactado o proxecto e o acordo de reordenación, tramitados conforme co procedemento establecido no Decreto 197/1986, do 12 de xuño, e declarado firme o acordo de reordenación por resolución da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura do 2 de setembro de 1996, por proposta da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Quedan constituídos e delimitados os novos polígonos, 1 e 2 do distrito marítimo de Sada, que substitúen os antigos «A» e «B» coa capacidade, situación e circunstancias que se indican no anexo desta orde.

Segundo.-As concesións administrativas de bateas existentes nos polígonos obxecto de reordenación e pertencentes ós concesionarios recoñecidos nas bases de revisión, manteñense nas mesmas condicións das súas respectivas ordes de outorgamento, agás no que se refire á cuadrícula ou punto de fondeo, que quedan anuladas pola presente orde e substituídas polas cuadrículas asignadas no acordo de reordenación.

Quedarán igualmente rectificadas as concesións no tocante ás dimensións do artefacto, número de cordas e cultivo autorizado, que terán que axustarse ás determinacións do Decreto 423/1993, do 17 de decembro (DOG nº 13 de 20-1-1994), e ó prazo da concesión, que se limita a 30 anos, conforme coa Lei 6/1993, do 11 de maio.

Terceiro.-Os concesionarios de bateas deberán traslada-los artefactos no prazo máximo de 3 meses, facendo efectiva a toma de posesión das novas cuadrículas. Transcorrido este prazo, a consellería incoará o correspondente expediente da caducidade por aplicación do Decreto 423/1993, do 17 de decembro, ás concesións das bateas que non estean no punto asignado no acordo de reordenación.

Cuarto.-Os artefactos fondeados nos polígonos pertencentes a propietarios que non fosen recoñecidos como concesionarios nas bases de revisión e mailos de propietario descoñecido, serán considerados clandestinos, procedendo a súa retirada,

en aplicación dos artigos 42 e 44 do Decreto 423/1993, do 17 de decembro.

Quinto.-As peticións de concesión administrativa de bateas referentes a cuadrículas antes existentes nos polígonos obxecto de reordenación e que estean en tramitación no momento de entrar en vigor esta orde, quedan desestimadas en aplicación do artigo 24.3º do Decreto 423/1993, do 17 de decembro.

Disposición derogatoria

Quedan derrogadas tódalas disposicións de igual ou inferior categoría que se opoñan ó disposto na presente orde, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, especialmente a Orde do 14 de febreiro de 1974, no relativo ós polígonos «A» e «B» do distrito marítimo de Sada.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 1996.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

ANEXO

Polígono 1.

Situación xeográfica dos vértices, segundo as coordenadas obtidas da carta nº 412A das rías de Ferrol, Ares, Betanzos e A Coruña, publicada polo Instituto Hidrográfico da Mariña.

LatitudeLonxitude

Vértice A43º 24' 15'' N08º 17' 58'' W

Vértice B43º 23' 19'' N08º 16' 15'' W

Vértice C43º 23' 14'' N08º 16' 41'' W

Vértice D43º 23' 17'' N08º 16' 52'' W

Vértice E43º 23' 17'' N08º 17' 33'' W

Vértice F43º 23' 57'' N08º 17' 42'' W

Consta de 109 puntos de fondeo ou cuadrículas, das cales se ocupan 85 con viveiros procedentes do antigo polígono «A».

Polígono 2.

Situación xeográfica dos vértices, segundo as coordenadas obtidas da carta nº 412A das rías de Ferrol, Ares, Betanzos e A Coruña, publicada polo Instituto Hidrográfico da Mariña.

LatitudeLonxitude

Vértice A43º 23' 03'' N08º 15' 46'' W

Vértice B43º 22' 47'' N08º 15' 15'' W

Vértice C43º 22' 19'' N08º 14' 52'' W

Vértice D43º 22' 24'' N08º 15' 19'' W

Consta de 40 puntos de fondeo ou cuadrículas, das cales se ocupan 21 con viveiros procedentes do antigo polígono «B».

6897