Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 15 de novembro de 1996 Páx. 10.319

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (353/1989).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que nos autos de xuízo de retracto seguidos co número 353 de 1989, se dictou sentencia con

data 3 de setembro de 1996, cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo de retracto seguidos neste xulgado baixo o nº 353 de 1989, entre partes, dunha, como demandante, Daniel López Tanoira e, polo falecemento deste, a súa esposa Carmen Freire López, representada en autos pola procuradora Sánchez Silva, asistida do letrado Quintáns Trenco, e doutra, como demandados, Nemesia Alfonso Fernández, maior de idade, veciña de Vigo, representada en autos polo procurador Cuns Núñez, asistida da letrada Sánchez Garrido, Jesús Cons González, maior de idade, residente en Buenos Aires (Arxentina), representado en autos polo procurador Caamaño Queijo, asistido do letrado Pardal Castro, Domingo Pérez Cabaleiro, hoxe polo seu falecemento, os seus herdeiros descoñecidos e incertos, e María del Carmen Caamaño Durán, incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, sobre arrendamentos rústicos.

Decido que, desestimando a demanda formulada pola procuradora Sánchez Silva, en nome e representación de Daniel López Tanoira e, máis tarde, polo seu falecemento, Carmen Freire López, contra Domingo Pérez Cabaleiro, hoxe os seus herdeiros descoñecidos e incertos, declarados en situación procesual de rebeldía, Nemesia Alfonso Fernández, a quen representa o procurador Cuns Núñez, Jesús Cons González, comparecido baixo a representación procesual do procurador Caamaño Queijo, e Mª del Carmen Caamaño Durán, en situación de rebeldía, debo declarar e declaro non haber lugar a acción de retracto intentada. Todo iso sen efectuar especial pronunciamento en custas.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, e fágaselles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que lles sirva de notificación ós demandados María del Carmen Caamaño Durán e os herdeiros descoñecidos e incertos de Domingo Pérez Cabaleiro, expido o presente edicto, que asino e selo en Santiago de Compostela, tres de setembro de mil novecentos noventa e seis.

O maxitrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

9608164