Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 15 de novembro de 1996 Páx. 10.320

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (125/1996).

En virtude do acordado pola maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, nos autos de xuízo de faltas número 125/1996, que se segue neste xulgado por furto, cítase a Juan Carlos Bez Muñiz, en calidade de denunciado, e actualmente en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día 20 de novembro de 1996, ás 11.10 horas, compareza na sala de audiencias número tres, correspondente a esta xulgado, sita na primeira planta do Edificio de Xulgados, rúa Viena nº 1, do polígono das Fontiñas de Santiago de Compostela, facéndolle saber que pode acudir asistido de avogado, e advertíndolle que debe comparecer cos medios de proba de que intente valerse e que se non o verifica recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1996.

O secretario

Rubricado

9607086