Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 15 de novembro de 1996 Páx. 10.320

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (213 e 335/1994).

En virtude do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en resolución desta data, nos autos de declarativo menor contía nº 213/1994 e 335/1994, seguidos neste xulgado por instancia de Luis Lorenzo Sotelo y Luis Carlos Lorenzo Fiuza, representados pola procuradora María del Carmen Esperanza Álvarez, contra Viviendas 2.001, Sociedad Anónima, Albino Munín Munín, Miguel Álvarez de Toledo Saavedra, Mª Dolores Míguez Iglesias, Celso Martínez Estévez, Francisca Barral Ares, Mª Victoria Pestonit Barral, Maximina Pestonit Barral, José López Viñas, José López Pestonit, María López Pestonit, Celsa López Pestonit, Mª Paz López Pestonit, Mª Consuelo López Pestonit e Encarnación López Pestonit; emprázase o demandado Técnicos Analistas y Consultores de Empresas, S.A. e os herdeiros de Cándido Pestonit Barral para que, no termo de vinte días, comparezan en autos en legal forma, con avogado que os defenda e procurador que os represente,

coa prevención de que, de non compareceren, serán declarados en rebeldía e recaerán sobre eles os prexuízos ós que houber lugar en dereito.

E para que lles sirva de emprazamento ó demandado Técnicos Analistas y Consultores de Empresas,

S.A. e herdeiros de Cándido Pestonit Barral, expido o presente edicto, que asino en Santiago de Compostela, 2 de setembro de 1996.

A secretaria

Rubricado

96-8054