Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 15 de novembro de 1996 Páx. 10.321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/73-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que segue:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

-Denominación: L.M.T., CC.TT. e R.B.T. en Vilacova e Portochán.

-Situación: Ames-A Baña.

-Descripcións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón con conductor LA-56, de 1.216 m de lonxitude, con orixe na liña denominada a Tapia de San Román (Expte. 26881) e final nos CC.TT. que se instalarán en Vilacova e Portochán. Centros de transformación aéreos en Vilacova e Portochán, de 50 kVA/U. e tensións de 20/0,380-0,220 kV, dos que parten redes de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 626 m de lonxitude. Concellos de Ames e A Baña.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 30 de setembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-8053