Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 15 de novembro de 1996 Páx. 10.319

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (33/1996).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber:

Que nos autos de xuízo de cognición seguidos co nº 33/1996, se dictou sentencia con data 15

de marzo de 1996, cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Insancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo de cognición seguidos neste xulgado co nº 33/1996, entre partes, dunha, como demandante, a comunidade de propietarios do edificio nº 12 da rúa Doutor Teijeiro desta cidade, representada en autos pola procuradora Goimil Martínez, asistida da letrada Conde Roa, e doutra, como demandado Diego Bernal Piaraño, maior de idade e con domicilio na rúa Doutor Teijeiro nº 12-1 desta cidade, incomparecido e en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade por cotas de comunidade.

Decido que, estimando a demanda formulada pola procuradora Goimil Martínez, en nome e representación da comunidade de propietarios do edificio nº 12 da rúa Doutor Teijeiro desta cidad, contra Diego Bernal Piaraño, incomparecido e en situación procesual de rebeldía, debo condenar e condeno o demandado a que lle satisfaga á comunidade demandante a suma de 215.944 pesetas, mailos xuros legais desde a interpelación xudicial, e o pagamento das custas causadas.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, e fágaselles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que lle sirva de notificación ó demandado Diego Bernal Piaraño, expido o presente edicto, que asino e selo en Santiago de Compostela, o nove de xullo de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

9607087