Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 15 de novembro de 1996 Páx. 10.319

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

EDICTO (109/1995).

En virtude do acordado por providencia desta data, recaía nos autos de declarativo de menor contía 109/1995, notifícaselle ó demandado Joussef Denour a sentencia dictada neles, que ten o encabezamento e parte dispositiva seguintes:

Vistos por Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, xuíz de primeira instancia desta cidade e o seu partido, os autos de xuízo declarativo de menor contía 109/1995, promovidos por Rosa María Guinea Guajardo Fajardo como demandante, representada polo procurador Carlos Alfonso Villar Trillo (de oficio), contra Joussef Dernour como demandado así como o Ministerio Fiscal, procédese en nome de S.M. El-Rei a dicta-la seguinte resolución.

Resolvo que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Rosa Mª Guinea Guajardo Fajardo, non accedéndose ó solicitado nela, con imposición de custas á parte actora. Notifíqueselle a presente resolución ás partes, advertíndolles que contra ela cabe intepoñer perante esta xulgado e para ante a Audiencia Provincial da Coruña recurso de apelación dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación. Notifíqueselle esta resolución ó demandado declarado en rebeldía, na forma prevista nos artigos 282 e 283 da LAC, salvo que a parte demandante no prazo de cinco días solicite a notificación persoal ó abeiro do disposto no artigo 769.1º da dita lei. Así por esta sentencia pronúncio, mando e asino.

E para que lle sirva de notificación ó demandado Joussef Denour, declarado en rebeldía, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG, que asino en Ribeira o dezaoito de setembro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

6996