Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 14 de novembro de 1996 Páx. 10.246

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Setex-Aparki, S.A. de Ourense.

Visto o texto do convenio colectivo Setex-Aparki, S.A. (código número 3200582) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial o día

23-7-1996, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social, polos delegados de persoal, o 17 de xuño de 1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición del no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 21 de agosto de 1996.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio regula as relacións laborais entre a empresa Setex-Aparki, S.A., e o seu persoal.

Artigo 2º.-Ámbito xeográfico.

O ámbito xeográfico do presente convenio circunscríbese á cidade de Ourense.

Artigo 3º.-Duración.

O convenio entrará en vigor o día da súa publicación no BOP e a súa vixencia estenderase ata o 31 de decembro de 1996.

Os seus efectos económicos retrotraeranse ó 1 de xaneiro de 1996.

Artigo 4º.-Denuncia.

Calquera das partes asinantes poderá denuncia-la expiración da vixencia do citado convenio, e deberán facelo cun mínimo de 3 meses antes do respectivo vencemento.

A denuncia efectuarase mediante comunicación fidedigna á outra parte e á Dirección Provincial de Traballo.

De non ser denunciado en tempo e forma por ningunha das partes, prorrogarase automaticamente por anualidades naturais, elevando os conceptos económicos na mesma proporción en que o faga o IPC previsto para ese ano máis un punto.

Denunciado o convenio, se as negociacións se estendesen por un período superior á súa vixencia, entenderase prorrogado este ata a entrada en vigor do novo convenio.

Artigo 5º.-Vinculación á totalidade.

No suposto de que a xurisdicción laboral declarase contrario ás disposicións legais vixentes no momento do asinamento do convenio algún dos seus pactos, o convenio quedará nulo na súa totalidade e ámbalas partes comprométense a renegocialo de novo.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

Co obxecto de velar pola correcta aplicación e cumprimento do contido do presente convenio, créase unha comisión mixta paritaria que entenderá de tódalas cuestións relacionadas coa interpretación das normas contidas nel.

2. A comisión mixta paritaria estará formada por 2 traballadores e 2 representantes da empresa. Cada parte poderá nomear 1 asesor, que terá voz pero non voto.

3. Para que exista acordo requirirase o voto acorde da metade máis un dos membros da comisión.

4. Das reunións celebradas pola comisión levantarase acta na que figurarán as decisións tomadas; as actas deberán ser asinadas pola totalidade dos membros asistentes a elas.

5. A comisión reunirase cando o solicite unha das partes.

6. De non existir acordo entre as partes, o conflicto remitirase ó A.G.A. (Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos Individuais de Traballo).

Capítulo II

Xornada laboral

Artigo 7º.-Xornada.

A xornada, en cómputo anual, será de 1.800 horas.

Artigo 8º.-Horarios.

As quendas de traballo poderán ser continuadas ou partidas. Naqueles casos en que se realicen de forma continuada, haberá un período de descanso de 30 minutos.

Entre quenda e quenda de traballo terán que transcorrer como mínimo doce horas.

Os días de descanso, en cómputo anual, serán os mesmos para todo o persoal.

A organización do traballo é competencia da empresa, aínda que os cuadrantes de traballo serán negociados entre os representantes dos traballadores e da empresa e exporanse nos taboleiros de anuncios de cada centro de traballo con 15 días de antelación.

Artigo 9º.-Vacacións.

Todo o persoal desfrutará de vacacións retribuídas de 30 días naturais. Aqueles traballadores cunha antigüidade inferior a un ano desfrutarán dos días correspondentes por vacacións de forma proporcional á súa antigüidade.

O calendario laboral de vacacións será pactado entre a empresa e a representación dos traballadores. Para tal efecto, os representantes presentarán unha proposta de cadro de vacacións antes do 30 de outubro de cada ano.

Artigo 10º.-Permisos e licencias.

Os traballadores poderán desfrutar de permiso retribuído nos seguintes casos:

-Por nacemento de fillo/a: 3 días.

-Por matrimonio do traballador: 16 días.

-Por enfermidade grave ou falecemento do cónxuxe ou parella estable, ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 3 días.

-Por falecemento de parente de terceiro grao de consanguinidade ou afinidade: 1 día.

-Por matrimonio de fillos ou pais: 1 día.

-Cando se teña que realizar un desprazamento de máis de 100 km, corresponderalle un día máis en cada caso.

-En caso de visita médica nos servicios da Seguridade Social e mediante xustificación de consulta, concederase o tempo necesario para ela.

-O traballador terá dereito a desfrutar de xornada retribuída de 6 días por asuntos propios, repartidos un por bimestre.

Excepcionalmente, a criterio do delegado, e logo de consulta co delegado sindical, poderase modificar esta distribución nos casos xustificados, sempre que esta modificación afecte a días posteriores e non anteriores.

Como único requisito para a súa adxudicación, esixirase a súa petición por escrito cunha anticipación de 48 horas, como mínimo.

Cando a petición dalgúns destes días sexa realizada por máis do 10% do cadro de persoal activo nesa data, a representación dos traballadores e da empresa abordarán as condicións precisas para o seu desfrute. O número de días de asuntos propios anuais (6), repartidos un por bimestre, non sufrirá variación ata o 31 de decembro de 1997.

Capítulo III

Ascensos

Artigo 11º.-Ascensos e promoción.

Cando na empresa se produzan vacantes, se creen e aumenten certos postos de traballo (tanto mandos intermedios como de categorías medias), antes de contratar a persoas alleas a ela, tratarase de cubrir estas prazas con traballadores do cadro de persoal;

as vacantes que estes orixinen pasaranse a cubrir polas novas incorporacións.

Cando un traballador realice traballos de categoría superior durante máis de 90 días ininterrompidos ou de 120 días alternos dentro do mesmo ano, concederáselle a categoría superior, e figurará con ela no correspondente escalafón.

Tódolos traballadores terán dereito á formación profesional e á promoción no traballo, segundo establece o Estatuto dos traballadores no seu artigo 22.

Tódolos traballadores que realicen estudios ou formación profesional en centros oficiais poderán solicitar quenda de traballo adecuada a eles, a concesión da cal, logo de estudio e aprobación, se realizará por acordo entre os representantes dos traballadores e a empresa. Os permisos necesarios non excederán de 8 días naturais ó ano retribuídos, para concorrer a exames, sen alteración nin diminución dos seus dereitos laborais.

Capítulo IV

Axudas sociais

Artigo 12º.-Incapacidade laboral transitoria (ILT).

Para os supostos de incapacidade laboral transitoria derivada de accidente de traballo ou hospitalización, a empresa aboará ó seu cargo, durante o tempo que dure a dita situación, un complemento das prestacións da Seguridade Social de tal forma que entre ambos se cubra o 100% da retribución bruta.

Igualmente, os traballadores que se encontren en situación de incapacidade laboral transitoria derivada de enfermidade común ou accidente non laboral percibirán a partir do décimo primeiro día de ILT o 100% da retribución bruta. Esta cláusula terá unha vixencia ata o 31 de decembro de 1997.

Os supostos de enfermidade común ou accidente non laboral, sempre que non existan indicios razoables para presumir algunha irregularidade, e logo de recoñecemento do facultativo que a empresa designe, terán o mesmo tratamento que os accidentes de traballo ou hospitalización.

Por outra parte, a empresa comprométese a aboa-lo plus de transporte, desde o primeiro día da baixa por ILT derivada de calquera concepto.

Artigo 13º.-Xubilación.

Será recomendada ós 64 anos, sempre que o traballador teña aberto o período de carencia na Seguridade Social, para tal efecto e segundo o estipulado no Real decreto 1194/1995 a empresa comprométese a substituí-lo traballador xubilado por outro contratado nas mesmas condicións.

Establécese para o persoal que se xubile anticipadamente unha gratificación na contía seguinte:

Ós 63 anos: 330.000 ptas.

Ós 62 anos: 385.000 ptas.

Ós 61 anos: 412.500 ptas.

Ós 60 anos: 440.000 ptas.

Capítulo V

Dereitos sindicais

Artigo 14º.-Información sobre a contratación.

A dirección da empresa estará obrigada a facilitarlles ós representantes sindicais información periódica sobre contratación, que incluirá:

a) Previsións en materia de emprego e contratación.

Modalidades de contratación.

Grao de cumprimento das previsións anteriores.

Esta información entregarase trimestralmente.

b) Os sindicatos asinantes do presente convenio serán consultados previamente á adopción de decisións empresariais en materia de:

-Número de traballadores que se deben contratar.

-Modalidade de contratos e número deles.

-Data de celebración de contratos e duración deles.

-Modo de selección de persoal.

En caso de que as decisións empresariais non se realicen, logo de consulta cos representantes sindicais, entenderanse inexistentes as circunstancias que xustifican a contratación temporal e por tanto as relacións laborais serán consideradas como indefinidas.

Artigo 15º.-Dereitos sindicais.

Calquera decisión referente a cambios de cuadrantes, vacacións, modificacións de horarios, ou calquera outra que leve consigo unha modificación nas condicións de traballo será consultada coa representación sindical.

Capítulo VI

Seguridade e hixiene

Artigo 16º.-Vestiario.

Servicio de guindastre:-Roupa de augas.-Un xersei para o inverno.

-Un par de botas con protección para o inverno.

-Dúas camisas de manga longa para o inverno.

-Dous pantalóns de entretempo.

-Un par de zapatos con protección para o verán.

-Un par de guantes cada tres meses.

-Un par de guantes de auga cada ano.

-Dous brazais reflectores.

-Dúas chaquetas de entretempo, que fagan xogo cos pantalóns.

Servicio ORA:

-Un anorak impermeable con carapucha.

-Un xersei.

-Dous pantalóns.

-Dúas saias.

-Dúas camisas de manga longa para o inverno.

-Dúas camisas de manga curta para o verán.

-Unha chaqueta que faga xogo coa saia ou pantalón.

-Un par de zapatos para o inverno.

-Un par de botas para o inverno.

-Unha gravata.

-Unha gravata.

-Dous pares de calcetíns de verán.

-Dous pares de calcetíns de inverno.

-Medias para o persoal feminino.

-Unha gorra.

As roupas de traballo e calzado serán renovables de ano en ano, excepto o anorak impermeable con carapucha e a chaqueta que fai xogo coa saia ou pantalón, que serán renovables cada dous anos.

Os traballadores que por necesidades físicas e prescrición facultativa precisaran modificacións nas súas pezas de roupa de traballo, estas serán efectuadas con cargo á empresa.

Artigo 17º.-Asistencia xurídica.

Tódolos traballadores terán dereito a que a empresa lles proporcione a asistencia de avogado e procurador desde o inicio á fin do proceso xurídico nos casos en que pola prestación e durante o desenvolvemento do seu cometido, se producisen algún tipo de agresións por terceiros, alleos á empresa, sempre que o traballador non incorrese en neglixencia ou comportamento doloso ou culposo.

Artigo 18º.-Retirada do carné de conducir.

a) A todo o conductor que por causa dalgunha diminución física lle fose denegada a renovación do carné de conducir, pasará a desempeñar misións noutra categoría: continuará percibindo polo menos o salario real e antigüidade que, como tal conductor, lle corresponda.

O resto dos emolumentos, sen embargo, serán determinados pola categoría e posto de traballo que lle sexan asignados na súa nova situación.

b) En caso de que ó conductor lle fose retirado o carné de conducir, e sempre que isto sexa como consecuencia de conducir un vehículo da empresa e por orde e conta dela, non impedirá que mentres tanto siga a percibi-lo salario que tivese asignado na súa categoría no momento da retirada do carné de conducir. Esta mesma protección terán os casos en que o carné de conducir lle sexa retirado como consecuenca de ir e vir ó traballo in itinere. O anteriormente disposto non será de aplicación nos casos en que medie imprudencia temeraria ou embriaguez.

Artigo 19º.-Seguro de morte ou invalidez.

Establecerase unha póliza de seguros por morte ou invalidez para cada un dos traballadores da empresa durante a súa permanencia en activo nela, consistente nunha indemnización de 2.500.000 pesetas en caso de morte natural e de 3.000.000 de pesetas en caso de morte ou invalidez por accidente. A póliza producirá efectos a partir da data en que se asine o citado convenio. As primas dese seguro correrán a cargo da empresa, a cal deberá

dar copia ós representantes legais dos traballadores.

Indemnizacións por falecemento. A empresa aboará tres mensualidades compostas por salario base, antigüidade e plus convenio do mes completo en que faleza, sen ter en conta o día en que tal feito ocorra; a cantidade que se aboará por luctus será de 50.000 ptas.

Artigo 20º.-Protección do embarazo.

A traballadora xestante terá dereito a ocupar durante o seu embarazo un posto de traballo e unha quenda distinta á súa, se existe prescrición do facultativo que atenda o embarazo, sen modificación de categoría nin mingua nos seus dereitos económicos.

Durante a baixa por ILT por embarazo, a traballadora terá dereito a percibi-lo 100% de tódolos seus conceptos salariais.

A traballadora embarazada terá dereito a permisos retribuídos por preparación ó parto, así como elixi-la data das súas vacacións regulamentarias.

Artigo 21º.-Pagas extraordinarias.

Establécense dúas pagas extraordinarias que se denominarán de verán e de Nadal, en contía de salario base máis antigüidade. As ditas pagas percibiranse nas primeiras quincenas de xullo e decembro, respectivamente, xunto con estas pagas aboaranse 15.600 pesetas a tódalas categorías en concepto de bolsa de vacacións.

Así mesmo, establécese unha participación nos beneficios que consistirá no reparto lineal entre tódolos traballadores dunha cantidade equivalente ó 3% do remanente anual obtido no servicio ORA. Este remanente xustificarase mediante as liquidacións presentadas ó concello correspondente ó ano anterior. Esta paga farase efectiva antes do día 31 de marzo de 1996.

Artigo 22º.-Antigüidade.

O persoal afectado polo presente convenio devengará as antigüidades de acordo coas seguintes táboas:

De 3 a 6 anos: 5%.

De 6 a 9 años: 10%.

De 9 a 12 anos: 15%.

De 12 a 15 anos: 20%.

De 15 a 18 años: 25%.

De 18 a 21 años: 34%.

De 21 a 24 años: 48%.

De 24 ou máis anos: 58%.

Artigo 23º.-Quebranto de moeda.

Aboaráselle a cada traballador un 2% sobre cada tarxeta que sexa vendida por el mesmo. O seu devengo realizarase antes de finaliza-lo primeiro e segundo semestre de cada ano.

Capítulo VII

Retribucións

Artigo 24º.-Retribucións.

Acórdase un incremento salarial do 4% aplicable a tódolos conceptos.

A cantidade resultante sumarase ó salario base, excepto o importe da bolsa de vacacións.

Artigo 25º.-Revisión salarial ano 1996.

No caso de que o IPC establecido polo INE o 31 de decembro de 1996 superase o IPC do 31 de decembro de 1995, a diferencia aplicarase á táboa salarial, con efectos retroactivos do 1 de xaneiro de 1996.

Relación de categorías laborais:

-Delegado.

-Subdelegado.

-Técnico de mantemento.

-Conductor de 1ª.

-Administrativo de 1ª.

-Conductor de 2ª.

-Administrativo de 2ª.

-Vixilante auxiliar técnico de matenemento.

-Vixilante ORA.

-Auxiliar administrativo.

-Recepcionista depósito.

TÁBOAS SALARIAIS ANO 1996-OURENSE

CategoríasSalario bruto

1996

Salario basePluses en nómina

Antig.Incent.Activi.Transp.

Técnico mantenemento164.847101.48710.14912.11514.66626.430

Conductor 1ª
148.848101.02520.40412.75314.666
Administrativo 1ª

Conductor 2ª
124.616 83.80819.12910.20211.477
Administrativo 2ª

Vixilante
Auxiliar
Tec. mantemento123.831 78.032 7.80317.810 9.49910.687

Vixilante ORA115.040 79.193 7.91912.802 2.37312.753

Auxiliar administrativo111.081 79.193 3.96012.802 2.37312.753

Recepcionista depósito107.121 79.19312.802 2.37312.753

Bolsa de vacacións: 15.600 (2 pagas extras).

RETRIBUCIÓNS BRUTAS ANUAIS/1996

Técnico mantemento (2 trienios) 2.232.636

Conductor 1ª

(sen antigüidade) 2.019.426

Administrativo 1ª

Conductor 2ª

(sen antigüidade) 1.694.208

Administrativo 2ª

Vixilante auxiliar

Técnico mantemento (2 trienios) 1.688.842

Vixilante ORA (2 trienios) 1.585.904

Auxiliar administrativo (1 trienio) 1.530.478

Recepcionista depósito (sen antigüidade) 1.475.038

6668