Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 13 de novembro de 1996 Páx. 10.218

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 7 de outubro de 1996, Delegación Provincial de Ourense, de notificación da resolución do expediente sancionador C-21/1995 incoado por infracción da normativa vixente en materia de epizootias devoltos polo servicio de correos ó resultar descoñecido o seu destinatario.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administra

cións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalarán a seguir, as resolucións dos correspondentes expedientes sancionadores acordadas polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, por presuntas infraccións da Lei de epizootias do 20-12-1952 e do seu regulamento do 4-2-1955.

O importe da sanción que, en cada ccaso corresponda, farase efectivo na conta 44030/003919/6 da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, empregando o impreso que se facilitará en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, no prazo de quince días hábiles a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, agás a presentación do recurso pertinente. En caso contrario procederase ós eu cobro pola vía executiva.

Contra esta resolución caberá interpoñer recurso ordinario no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da presente publicación, perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia. De non se-lo caso, aquela adquirirá firmeza para tódolos efectos.

Ourense, 7 de outubro de 1996.

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Nº Expediente: C.21/1995.

Nome e apelido do denunciado: Purificación Pérez Pérez.

Último enderezo coñecido: Veredo-Paredes-Montederramo.

Feito denunciado: negarse a realizar o saneamiento gandeiro.

Precep. infrinxido e sancionador: artigo 113.1º da Lei de epizootias.

Sanción imposta: 20.000 ptas.

7953