Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 13 de novembro de 1996 Páx. 10.219

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1996 pola que se anuncia a licitación da asistencia técnica para a explotación e mantemento da rede foronómica existente nas concas de Galicia-costa, de clave OH.088.147/A.T.

Concurso de procedemento aberto.

Orzamento: 105.020.832 ptas. (cento cinco millóns vinte mil oitocentas trinta e dúas pesetas).

1. Nome, enderezo, teléfono e telefax do poder adxudicador.

Organismo Autónomo Augas de Galicia.

Edificios administrativos de San Caetano.

Santiago de Compostela-A Coruña (España).

Teléfono nº: (981) 54 45 51.

Telefax nº: (981) 54 45 29.

2. Categoría do servicio e descrición. Número de referencia da CCP.

Categoría 12. Número de referencia da CCP 867.

3. Lugar de execución.

Provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra.

4. a), b), c) Cualificación profesional do persoal responsable.

É a indicada no apartado 15 do prego de prescricións técnicas particulares.

5. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten por unha parte dos servicios de que se trate.

Non existe posibilidade.

6. Variantes.

Os licitadores poderán introducir nas súas proposicións as modificacións que poidan face las máis convenientes para a realización do obxecto do contrato.

7. Prazo de execución do contrato.

36 meses.

8. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente: Organismo Autónomo Augas de Galicia. Edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela-A Coruña (España). Teléfono: (981) 54 45 51.

b) Data límite para presentación de proposicións.

20 de decembro de 1996.

9. a)Persoas admitidas a asistir á apertura das plicas.

Acto público.

b) Lugar, data e hora desta apertura.

Sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, día 30 de decembro de 1996, ás 10 horas.

10. Fianza e garantías esixidas.

Fianza provisional: dous por cento (2%) do importe de contrata (2.100.417 ptas.).

Fianza definitiva: catro por cento (4%) do importe de contrata (4.200.833 ptas.).

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

11. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ás disposicións pertinentes.

O pagamento efectuarase por certificación mensual aprobada polo presidente do Organismo Autónomo Augas de Galicia, obténdose a súa contía a partir da aplicación dos prezos unitarios ás unidades de obra realmente executadas.

12. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de prestadores de servicios adxudicataria do contrato.

Poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas segundo a Lei de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

13. Datos referentes á situación de prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios.

As que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.

3 meses conforme ó artigo 90 da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas.

15. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

16. Información complementaria.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría b.

17. Data de envío do anuncio.

29 de outubro de 1996.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas.

29 de outubro de 1996.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 1996.

Emilio García Gallego

Presidente do Organismo Autónomo Augas de Galicia

8226